Saltar ao contido

Aguilar de Campoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAguilar de Campoo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°47′33″N 4°15′37″O / 42.7925, -4.2602777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Palencia Editar o valor en Wikidata
CapitalAguilar de Campóo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.733 (2023) Editar o valor en Wikidata (219,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30,62 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude892 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1255 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXoán o Bautista Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaria Jose Ortega Gomez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal34800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE34004 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaguilardecampoo.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452418

Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7 160 habitantes (INE 2013). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Colexiata de San Miguel

O topónimo Campoo provén do topónimo latino Campodium, "val". Está moi estendido en toda a comarca histórica de Campoo-Los Valles: Alto Campoo, Hermandad de Campoo de Suso, Campoo de Enmedio e Campoo de Yuso. O termo Aguilar fai referencia á antiga colonia de aguias presentes na zona.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está a unha distancia de 99 km de Palencia, capital da provincia, e a 102 km de Santander (Cantabria). Atópase na ribeira do río Pisuerga, na comarca da Montaña Palentina e inmersa no territorio histórico de Campoo.

Industria

[editar | editar a fonte]

Na historia máis recente cabe destacar a industria galleteira na vila. Nos anos 60 houbo en Aguilar cinco fábricas de galletas: Gullón, Ruvil, Fontaneda, Tefe e Fontibre (9 de cada 10 galletas que se consumían en España saían das fábricas aguilarenses). Na actualidade existen tres fábricas galleteras na vila: Galletas Gullón 1, Galletas Gullón 2 e Forno de Galletas Aguilar (Grupo Siro). Recentemente, púxose en marcha unha nova fábrica de alimentación (Produtos Alimenticios La Familia-pan de molde), pertencente tamén ao Grupo Siro.

Cabe apuntar as importantes revoltas na primavera de 2003 cando a multinacional United Biscuits, que comprara a fábrica de Galletas Fontaneda cinco anos antes, quixo pechala deixando sen traballo a preto de 300 persoas (destacar que no ERE dos anos 90 xa houbo 300 despedimentos e que nos anos gloriosos da fábrica, chegou a haber ata 1000 obreiros na mesma). Os traballadores de Fontaneda recibiron o apoio de toda a provincia, e o seu símbolo dunha galleta na que se lía "Fontaneda es de Aguilar" (a palabra "Aguilar" estaba troquelada en todas as galletas María) percorreu toda a península. Grazas ao bo facer do Grupo Siro, a fábrica segue funcionando, pero xa sen a marca Fontaneda.

Esta actividade, que comezou a partir dos reposteros locais, que as elaboraban co trigo de Castela e o azucre e outros produtos das antigas colonias españolas, importados polo porto de Santander, segue constituíndo unha das principais industrias de Aguilar de Campoo.

Aguilar sempre estivo moi vinculada á industria alimentaria, pero tamén cabe destacar unha empresa dedicada á industria química sendo das máis lonxevas da vila. Loga Colas y Adhesivos permanece instalada desde mediados dos anos 50, orixinariamente dedicada á fabricación de xabóns.

O municipio alberga tamén un importante encoro que ocupa unha superficie próxima ás 1 650 hectáreas e ten unha capacidade de 249 millóns de metros cúbicos de auga, trátase do Pantano de Aguilar. Este encoro permite a produción de enerxía eléctrica e a práctica de deportes náuticos.

O turismo cultural e rural atópase actualmente nunha fase de grande expansión neste municipio e a súa comarca, como a SCEAC, Semana de Cine de Aguilar, que leva xa máis de dez anos levándose a cabo, ou o veterano Encontro Internacional de Artistas Rueiros (ARCA) que en agosto de 2009 celebrou a súa quincuaxésima edición.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Castelo de Aguilar de Campoo.
Claustro do Mosteiro de Santa María a Real.

A vila de Aguilar de Campoo posúe un importante patrimonio artístico e cultural no que destacan moi notables edificacións de carácter relixioso, civil e militar de estilos románico, gótico e renacentista, así como as razoablemente ben conservadas ruínas de elementos defensivos e militares. Entre eles destacan:

  • Mosteiro de Santa María a Real: antigo cenobio da orde Premonstratense que acolle a sede da Fundación homónima, o Centro de Estudos do Románico e o Museo do Territorio e do Románico.
  • Colexiata de San Miguel
  • Castelo medieval
  • Mosteiro de Santa Clara
  • Praza Maior: ademais da Colexiata, atópanse varios palacios, entre eles o dos Marqueses de Aguilar (de estilo barroco), o dos Fontaneda, casaróns de estilo señorial cántabro (con amplas galerías mirando cara ao sur), a "casa de las siete linajes" etc.
  • Palacio dos Marqueses de Aguilar de Campoo (do que se conserva unha das súas ás)
  • Igrexa de Santa Cecilia
  • Igrexa de Santa Clara
  • Murallas medievais: conservándose aínda seis da sete portas que en orixe tivo a vila. Estas son a Porta de Reinosa (conserva unha lápida hebrea), a da Tobalina, a de Barbacana ou Paseo Real, a do Portazgo, a da Cascajera e a de San Roque.
  • Pontes sobre o río Pisuerga: cabe destacar a impoñente Ponte Maior e a ponte do Portazgo, ambos de orixe medieval; a ponte do Muíño Turruntero; a ponte das Tenerías; e a ponte da Teja. Ademais doutros de moderna construción.

A vila de Aguilar de Campoo foi declarada Conxunto Histórico-Artístico o 20 de xaneiro de 1966.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]