Valderredible
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Valderredible (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 931 (2024) (3,12 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 298,24 km² | ||||
Altitude | 835 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Fernando Fernández (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39220 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39094 | ||||
Sitio web | valderredible.es |
Valderredible é o concello máis meridional da comunidade autónoma de Cantabria. Limita polo norte con Valdeprado del Río, polo leste e sueste coa provincia de Burgos e polo oeste e suroeste coa provincia de Palencia, ámbalas dúas de Castela e León. Valderredible está situado na comarca de Campoo-Los Valles e por el discorre o río Ebro. É o municipio de Cantabria con maior extensión.
Historia
[editar | editar a fonte]Atopáronse restos de ferramentas do Neolítico e da Idade de Bronce en Salcedo, pinturas rupestres en Ruanales e un menhir (chamado Lanchahincada) en San Martín de Elines. Tamén hai pegadas da ocupación romana.
Na Alta Idade Media (cara ao século X), a zona xa era coñecida como Val de Ripa Hibre (castelán antigo: Val do río Ebro, do que deriva o nome actual de Valderredible) e debía de estar bastante poboada, pola abundancia de ermidas rupestres, enterramentos e restos cerámicos datados na época. A partir dos séculos XI e XII constrúense as abundantes igrexas románicas da comarca.
Valderredible estivo integrado no Meiriñado de Campoo até que, en 1633, os seus veciños conseguiron o dereito a ter alcaldes designados pola autoridade real de entre eles. No ano 1835 obtén o rango de municipio.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Varios son os bens de interese cultural deste municipio. Por un lado, hai unha serie de monumentos entre os que se distinguen as ermidas rupestres das igrexas románicas e, por outro, unha serie de zonas arqueolóxicas.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Colexiata de San Martín, en San Martín de Elines, máximo expoñente do patrimonio románico da zona. Existente xa antes do século X, de influencia mozárabe, foi reconstruída no século XII.
- Igrexa rupestre en Cadalso.
- Igrexa rupestre de Santa María de Valverde. É a máis destacada das ermidas rupestres; data dos séculos VIII-X, cunha espadana do século XII e situada ao lado dun cemiterio medieval con tumbas tamén escavadas na rocha.
- Igrexa rupestre de San Miguel, de Campo de Ebro.
- Igrexa rupestre de Arroyuelos.
- Igrexa de San Martín, en San Martín de Valdelomar.
- Torre de Ruerrero
- Torre de Cadalso
Hai outras manifestacións románicas non protexidas oficialmente, que fan que Valderredible forme parte do País do Románico, zona cunha das maiores concentracións de igrexas románicas de Europa, estando todas elas sendo sometidas a un proceso de restauración. Poden citarse San Andrés de Valdelomar (século XII ou comezos do XIII), Castrillo de Valdelomar, Villanueva de Nía e varias máis, conservadas en maior ou menor medida, repartidas por toda a zona.
Zonas arqueolóxicas
[editar | editar a fonte]- Zona arqueolóxica de Santa María de Hito, en Santa María de Hito.
- Ídolo de Ruanales, en Ruanales
- Abrigo do Cubular, tamén en Ruanales.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Xunto á Ermida Rupestre de Santa María de Valverde, localízase o Centro de Interpretación da Arte Rupestre, que se encontra aberto ao público.
Na localidade de La Puente del Valle, atópase o Centro de visitantes da "Piedra en Seco", dependente do Goberno de Cantabria, aberto ao público desde finais do 2006.
-
Centro de Visitantes la Piedra en Seco, en Puente del Valle.
-
Cabaña de piedra en seco.
No cruzamento de Puente del Valle con Montecillo e Quintanilla de An, áchanse os restos da ermida rupestre de San Pantaleón, e dunha necrópole labrada no alto dunha rocha.
A localidade de Rebollar de Ebr, alberga o Observatorio Astronómico de Cantabria.
En Riopanero encóntrase o Centro de Visitantes do Monte Hijedo, un dos bosques de carballo albar máis importante do norte de España. A través desta localidade temos un dos accesos a este bosque.
En Polientes, centro de servizos da zona, localízase o Museo Etnográfico de Valderredible.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Allén del Hoyo
- Arantiones
- Arenillas de Ebro
- Arroyuelos
- Bárcena de Ebro
- Bustillo del Monte
- Cadalso
- Campo de Ebro
- Castrillo de Valdelomar
- Cejancas
- Coroneles
- Cubillo de Ebro
- Espinosa de Bricia
- Loma Somera.
- Montecillo
- Navamuel
- Otero del Monte
- Población de Abajo
- Población de Arriba
- Polientes (Capital)
- La Puente del Valle
- Quintanasolmo
- Quintanilla de An
- Quintanilla de Rucandio
- Rasgada
- Rebollar de Ebro
- Renedo de Bricia
- Repudio
- Revelillas
- Riopanero
- Rocamundo
- Ruanales
- Rucandio
- Ruerrero
- Ruijas
- Salcedo
- San Andrés de Valdelomar
- San Cristóbal del Monte
- San Martín de Elines
- San Martín de Valdelomar
- Santa María de Hito
- Santa María de Valverde
- La Serna
- Sobrepenilla
- Sobrepeña
- Soto Rucandio
- Susilla
- Villaescusa de Ebro
- Villamoñico
- Villanueva de la Nía
- Villaverde de Hito
- Villota de Elines
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación deste municipio, como é habitual nas zonas interiores de Cantabria, diminuíu enormemente, tendo escasamente os 1000 habitantes na actualidade. Este despoboamento, xunto á grande extensión do municipio, provoca un número moi baixo de habitantes por quilómetro cadrado.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
7.442 | 7.149 | 7.554 | 7.050 | 6.581 | 6.092 | 4.989 | 2.582 | 1.562 | 1.374 | 1.261 | 1.137 |
Fonte: INE
No 2008, das 1.131 que residen en Valderredible, 627 son homes e 504 mulleres.
Administración
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valderredible |