Ampuero
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Ampuero (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.455 (2023) (137,76 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 32,34 km² | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Víctor Gutiérrez (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39840 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39002 | ||||
Páxina web | ayuntamientodeampuero.es |
Ampuero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita cos municipios de Limpias, Liendo, Voto, Guriezo e Rasines.
A súa localización no centro da comarca de Asón-Agüera estableceuna de cabeceira comarcal, posuíndo importantes servizos e un polígono industrial nas súas proximidades. Este municipio ten varios atractivos como son a pesca de troita e salmón e a respectiva gastronomía, como tamén a festa da Virxe Nena, declarada de interese turístico rexional cos populares encerros taurinos. Ten unha superficie de 32,3 km², e está a unha distancia de 55 quilómetros de Santander, a capital cántabra.
Localidades
[editar | editar a fonte]- La Aparecida.
- La Bárcena.
- Bernales.
- Bulco.
- El Camino.
- Cerbiago.
- Coterillo.
- Las Entradas.
- Las Garmillas.
- Hoz de Marrón.
- Marrón.
- El Perujo.
- Pieragullano.
- Rascón.
- Regada.
- Rocillo.
- Santisteban.
- Solamaza.
- Tabernilla.
- Udalla.
- Vear de Udalla.
Núcleo de poboación
[editar | editar a fonte]Ampuero é á súa vez a capital do municipio. Localízase a 11 metros sobre o nivel do mar. No 2006 contaba cunha poboación de 1.946 habitantes (INE).
Da capital destaca a igrexa de Santa María (século XVI-XVII), que foi declarada Ben de Interese Local no 2002.
Atópase nas beiras do río Ason.
Demografía
[editar | editar a fonte]No 2008, Ampuero contaba cunha poboación de 4.052 habitantes (INE) repartidos en 24 núcleos de poboación.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3.006 | 3.624 | 3.547 | 3.846 | 4.159 | 4.117 | 3.581 | 3.382 | 3.162 | 3.404 | 3.491 | 3.682 |
Fonte: INE
Economía
[editar | editar a fonte]O 7,7 % da poboación de Ampuero emprégase no sector primario, o 16,6 % na construción, o 31,7 % na industria e o 44 % no sector servizos.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste municipio destacan os seguintes bens de interese cultural:
- A igrexa parroquial de Santa Mariña, en Udalla, con categoría de Monumento. Trátase dunha igrexa gótica dos séculos XIV e XV con dúas ábsidas semicirculares e dúas naves paralelas.
- A casona de Espina coa torre e a portalada, con categoría de Monumento. Está no barrio La Bárcena, de planta cadrada.
- O Santuario da Ben Aparecida, en Hoz de Marrón, con categoría de conxunto histórico, segundo declaración do ano 1983. Atópase nun monte e é a patroa da comunidade autónoma de Cantabria.
Ademais, hai un ben de interese local, que é a igrexa parroquial de Santa María, e dous bens inventariados: a ferrería preindustrial ou ferrería xunto ao río Vallino e o muíño-ferrería en Entrambosríos.
Por último, pode sinalarse a típica arquitectura popular serrana con casas con balconadas e miradoiros e rúas estreitas.
Administración
[editar | editar a fonte]María de las Nieves Abascal Gómez (PSC-PSOE) é a actual alcaldesa do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
Festas
[editar | editar a fonte]- Durante a última noite do mes de febreiro, celébranse As Marzas. Esta festa conmemora a chegada da primavera.
- 29 de xuño, San Pedro (Hoz de Marrón).
- 18 de xullo, Santa Mariña (Udalla).
- 25 de xullo, Santiago (La Bárcena).
- 26 de xullo, Santa Ana (Marrón).
- 1 de agosto, San Pedruco (Rascón).
- 7 de agosto, San Mamés (Cerbiago).
- 16 de agosto, San Roque (Udalla).
- 22 de agosto, Virxe do Mar (Marrón).
- 8 de setembro, A Virxe Nena: Popular festa do municipio pola realización dos seus encerros de touros. A cerimonia celébrase na capital municipal Ampuero, e foi declarada Festa de Interese Turístico Rexional en 1993.
- 13 de decembro, Santa Lucía (Bernales).
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ampuero |
- Sitio web do concello Arquivado 21 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)