Saltar ao contido

Los Corrales de Buelna

Modelo:Xeografía políticaLos Corrales de Buelna
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°15′42″N 4°03′55″O / 43.261666666667, -4.0652777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalLos Corrales de Buelna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.785 (2023) Editar o valor en Wikidata (237,66 hab./km²)
Xeografía
Superficie45,38 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude98 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal39400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39025 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaytocorralesdebuelna.org Editar o valor en Wikidata

Los Corrales de Buelna é un municipio cántabro, asentado xunto na conca do río Besaya a 12 km da cidade de Torrelavega e a 32 da capital cántabra, Santander. Limita cos municipios de San Felices de Buelna, Cartes, Mazcuerras, Anievas, Areas de Iguña e co Val de Cieza. Pertence á comarca do Besaya. Son importantes para a economía local as industrias metalúrxica e química, a avicultura, a gandería e agricultura.

Demografía

[editar | editar a fonte]
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
2.752 2.926 3.501 4.871 5.292 6.185 8.111 9.307 10.045 9.817 10.718 10.958

Fonte: INE

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A estela xigante de Barros e o santuario da Nosa Señora de Las Caldas (Las Caldas de Besaya) foron declarados Ben de Interese Cultural.

A igrexa parroquial e asilo de San Vicente Mártir, declarada ben de interese local en 2002, é un conxunto arquitectónico formado pola actual igrexa parroquial e mailo Asilo de San Xosé, proxectado entre 1916 e 1918 e rematado dez anos despois. É de estilo ecléctico, de inspiración herreriana e asignable á chamada arquitectura rexional montañesa. Os peches son de cachotaría, con perpiaños nos piares, esquinais e vans. A madeira é usadada nas vigas, zapatas e solainas. O ferro destaca nas ventás e adornos das columnas dos pisos superiores.

O pazo dos Condes de Mansilla, tamén declarado BIL no 2002, é un conxunto arquitectónico rodeado por un muro de cachotería e composto polo pazo, unha casa de gardas, un alxibe e mais un xardín arborado. O pazo consta de edificio principal, capela acaroada, aportalada e pezas armeiras. Foi construído no século XVII.

O santuario da Nosa Señora de La Cuesta.

Os leguarios son monólitos de arenito colocados co gallo da construción do Camiño Real en 1753, ante a necesidade de mellorar a comunicación entre a Meseta Castelá e os peiraos mariños da costa cantábrica, neste caso o de Santander. O leguario de Los Corrales está no barrio de Pie Bandera, xunto ao cuartel da Garda Civil. O outro está no barrio de La Rueda, na localidade de Barros, xunto á ermida de La Rueda.

Calzada romana de Monte Fresneda.