Saltar ao contido

Bülent Ecevit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBülent Ecevit

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(tr) Mustafa Bülent Ecevit Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1925 Editar o valor en Wikidata
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Ancara, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTurkish State Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Turquía
28 de maio de 1999 – 18 de novembro de 2002
← Bülent EcevitAbdullah Gül (pt) Traducir →
Primeiro ministro de Turquía
11 de xaneiro de 1999 – 28 de maio de 1999
← Mesut Yılmaz (pt) TraducirBülent Ecevit →
Deputy Prime Minister of Turkey (en) Traducir
30 de xuño de 1997 – 11 de xaneiro de 1999
← Tansu Çiller
Primeiro ministro de Turquía
5 de xaneiro de 1978 – 12 de novembro de 1979
← Süleyman DemirelSüleyman Demirel →
Primeiro ministro de Turquía
21 de xuño de 1977 – 21 de xullo de 1977
← Süleyman DemirelSüleyman Demirel →
Primeiro ministro de Turquía
26 de xaneiro de 1974 – 17 de novembro de 1974
← Naim Talu (en) TraducirSadi Irmak (pt) Traducir →
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Turquía

28 de abril de 1958 – 1 de abril de 1959
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaKemalismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónRobert College (en) Traducir
Escola de estudos orientais e africanos
Universidade de Ancara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, tradutor, xornalista, poeta, escritor, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocratic Left Party (en) Traducir (1987–2004)
Partido Republicano Popular (1954–1980) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
26 de xaneiro de 2000World Economic Forum Annual Meeting 2000 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRahşan Ecevit Editar o valor en Wikidata
PaisAhmet Fahri Ecevit Editar o valor en Wikidata  e Nazlı Ecevit Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эджевит, Бюлент) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: aa6acfe6-f280-4f6c-ae4c-14f5db61d09b Find a Grave: 16479207 Editar o valor en Wikidata

Bülent Ecevit, nado como Mustafa Bülent Ecevit (Istambul 1925 - Ancara 2006) é un escritor, xornalista e político turco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ecevit na Casa Branca en xaneiro de 2005 con George W. Bush

Estudou nun colexio dunha misión protestante norteamericana, e na universidade estudou sánscrito, bengalí e inglés e traduciu libros de Rabindranath Tagore, T. S. Eliot e Bernard Lewis ao turco. En 1946 pasou a traballar na oficina de prensa do goberno turco en Londres e a partir de 1950, xa en Ancara, nos xornais Halkçi e Ulus, este último o órgano do Partido Popular Republicano (CHP), o partido polo que en 1957 accedeu ao parlamento e do que en 1959 entrou no seu Comité Central, representando aos sectores da esquerda do partido. Foi ministro de traballo entre 1961 e 1965, lexislou para recoñecer o dereito de folga. Secretario Xeral do CHP entre 1966 e 1971 e presidente en 1972.

En 1974 converteuse en primeiro ministro dun goberno en coalición co Partido de Salvación Nacional de Necmettin Erbakan, anmistía os presos políticos e o 20 de xullo de 1974 de ordenou a intervención militar en Chipre logo de que se producise un golpe de estado dos partidarios da unión con Grecia, o que levou á división da illa e a aparición da República Turca de Chipre do Norte. O 18 de setembro 1974 dimitiu coa pretensión de que se celebrase eleccións que lle permitisen gobernar en solitario, pero Süleyman Demirel, do Partido da Xustiza, conseguiu artellar un goberno polo que o CHP pasou á oposición. Ecevit foi primeiro ministro en dous breves períodos posteriores: entre o 21 de xuño e o 11 de xullo de 1977 e do 5 de xaneiro de 1978 ao 12 de novembro de 1979.

Tras o golpe de estado militar do 12 de setembro de 1980 dirixido polo xeneral Kenan Evren Ecevit foi encarcerado e suspendido de calquera actividade política de por vida. Un referendo en 1987 permitiu a súa volta á actividade pública e converteuse no líder do Partido da Esquerda Democrática (Demokratik Sol Parti) en 1989. Nas eleccións que se celebraron nos anos seguintes o partido non conseguiu entrar no Parlamento ata 1995 no que superou a barreira electoral.

Nas eleccións de 1999 o seu partido converteuse no primeiro do Parlamento e el foi elixido primeiro ministro dun goberno de coalición co Partido da Nai Patria de Mesut Yılmaz e o Partido Popular Nacionalista de Devlet Bahçeli. O goberno realizou reformas e estabilizou a economía turca en preparación para a apertura de negociacións coa Unión Europea. Malia iso a política económica fixo caer a súa popularidade e forzou novas eleccións en 2002, no que non foi capaz de que o seu partido entrase na Asemblea Nacional e retirouse da actividade política.


Predecesor:
Naim Talu
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
26 de xaneiro de 197417 de novembro de 1974
Sucesor:
Sadi Irmak
Predecesor:
Süleyman Demirel
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
21 de xuño de 197721 de xullo de 1977
Sucesor:
Süleyman Demirel
Predecesor:
Süleyman Demirel
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
5 de xaneiro de 197812 de novembro de 1979
Sucesor:
Süleyman Demirel
Predecesor:
Mesut Yılmaz
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
11 de xaneiro de 199918 de novembro de 2002
Sucesor:
Abdullah Gül