Baldaquino de San Salvador de Meis
Aparencia
Baldaquino de San Salvador de Meis | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | baldaquino ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Meis | |||
Parroquia | Meis ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Na igrexa de San Salvador de Meis (Meis) consérvanse catro pezas procedentes dun baldaquino, incrustadas no exterior do muro que circunda a igrexa, na praza anexa: tres ó redor dunha fonte e unha cuarta a uns metros á esquerda.
Descrición
[editar | editar a fonte]- O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
- A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos. A Virxe está sentada en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé sitúase tras eles, á dereita.
- O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María. A ámbolos lados están os dous santos homes, Xosé de Arimatea e Nicodemo, un sosténdolle a cabeza e outro os pés, e á dereita da escena, san Xoán; as tres figuras aparecen nimbadas e entre elas poden verse os instrumentos da Paixón: a cruz, a esqueira e o martelo.
- No cuarto panel, separado das outras tres anteriores, represéntase unha escena de guerra, cun cabaleiro a cabalo, á dereita, que se enfronta a outra figura de pé situada á esquerda, cunha ave (¿unha aguia?) no centro. A escena foi identificada popularmente como a Batalla de Clavijo, co apóstolo Santiago loitando contra os mouros.
- Neste panel obsérvanse certas diferenzas nos elementos decorativos respecto és outros tres.
-
Nacemento de Cristo
-
Adoración dos Reis
-
Descendemento
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Filgueira Valverde, Xosé; Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1987). Baldaquinos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 77–78.