Bamburgh
Epónimo | Bebba (en) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Nordeste de Inglaterra | |||
Condado cerimonial | Northumberland ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 414 (2011) ![]() | |||
Creación | 1910 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | NE69 ![]() | |||
Prefixo telefónico | 01668 ![]() | |||
Bamburgh é unha vila e parroquia civil, na costa de Northumberland, Inglaterra.
No ano 2001 tiña unha poboación de 454 habitantes,[1] que se reduciu a 414 no censo de 2011.[2]
Importancia do lugar
[editar | editar a fonte]A parroquia é notábel por dúas razóns: o impoñente castelo de Bamburgh, con vistas á praia, que foi asede dos antigos reis de Northumbria, e a súa asociación coa heroína vitoriana Grace Darling, que está enterrada alí. Así mesmo está enterrado no seu cemiterio o ornitólogo, botánico e ilustrador Prideaux John Selby (1788-1867), que faleceu nesta vila.[3]
A súa extensa praia de area fina recibiu a Bandeira Azul en 2005. As dunas de Bamburgh, consideradas Sitio de Especial Interese Científico, están detrás da praia. Bamburgh é un lugar moi popular entre os turistas, e está situado dentro da área costeira de Northumberland, declarada Área de Destacada Beleza Natural.
Historia
[editar | editar a fonte]O lugar que hoxe ocupa o castelo de Bamburgh foi na antigüidade un castro (hillfort) dos celtas britanos, coñecido como Din Guarie,[4] e pode que fora a capital do reino de Bernicia, o reino dos Gododdin,[5] dende a fundación do reino contra 420 até 547, ano en que aparece a primeira referencia escrita do castelo. Nese ano a cidadela foi con quistada polos anglosaxóns gobernados por Ida de Bernicia (Beornice) conveténdose na residencia de Ida.[6]
O autor británico tardomedieval Thomas Malory identificou o castelo de Bamburgh con Joyous Gard, o mítico castelo de Sir Lancelot da lenda do rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda.[7]
Bamburgh tamén aparece na serie de videoxogos de mundo aberto Forza Horizon 4 que se publicou en outubro de 2018.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A vila de Bamburgh e a súa contorna, vista desde o Castelo
-
Monumento a Grace Darling no cemiterio
-
Igrexa de St Aidan, Bamburgh
-
O castelo de Bamburgh
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neighbourhood Statistics. "Census 2001". Neighbourhood.statistics.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ "Parish population 2011". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ Mullens, W. H. & Swann, H. (1917): Mullens and Swann's Bibliography of British Ornithology. London: Macmillan.
- ↑ "Bernaccia (Bryneich / Berneich)". The History Files. Consultado o 5 de xuño de 2019.
- ↑ 'An English empire: Bede and the early Anglo-Saxon kings' by N. J. Higham, Manchester University Press ND, 1995, ISBN 0-7190-4423-5, ISBN 978-0-7190-4423-6
- ↑ The Anglo-Saxon Chronicle, entrada 547.
- ↑ Black, Joseph (2016). "The Broadview Anthology of British Literature: Concise Volume A - Third Edition". Broadview. p. 536. ISBN 978-1554813124.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bamburgh ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos de Bamburgh
- Historia local e información sobre Bamburgh, as illas Farne e os seus aredores (en inglés).
- Bamburgh Attractions (en inglés).
- Bamburg en Genuki (en inglés).
- Bamburgh en Northumberland Communities (en inglés).