Bandeira de Cuzco
Bandeira de Cuzco | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 7:4 |
Adopción | 4 de xuño de 2021 |
Cores | Vermello Laranxa Amarelo Verde Azul claro Azul Violeta |
A bandeira de Cuzco é un dos símbolos oficiais da cidade. Componse de sete raias horizontais de cores: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul claro e escuro e violeta. Esta bandeira do arco da vella foi introducida no Perú en 1973 por Raúl Montesinos Espejo, en recoñecemento do 25 aniversación da estacón de radio Tawantinsuyo Radio. Como a popularidade da bandeira medrou, o alcalde de Cuzco Gilberto Muñiz Caparó declarouna como emblema oficial no ano 1978.[1][2] A partir de 2021, a bandeira conta cun símbolo solar dourado no medio, o coñecido como Sol de Echenique.
Outro significado
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Bandeira dos quechuas.
Ademais de ser a bandeira da cidade de Cuzco e a bandeira cooficial do departamento de Cuzco, a bandeira de sete cores ten diferentes usos segundo o contexto. Utilízase como bandeira das linguas quechuas, sendo a bandeira popular, mais non oficial do pobo quechua, así como bandeira representativa da herdanza inca. Os quechuas do sur de Bolivia (kollas) usaron tamén esta bandeira, mais nos últimos anos o símbolo de chakana fíxose máis popular en Bolivia. O seu uso como bandeira da herdanza inca é controvertido debido ao seu carácter non histórico. Porén, o seu uso mostra respecto pola historia do Imperio Inca.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe e controversia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Imperio Inca#Estandarte.
As crónicas da conquista do Perú mencionan bandeiras usadas polos incas, ou algo que os cronistas interpretaron como bandeiras. A cuestión da historicidade da bandeira está moi relacionada coa bandeira wiphala ou aimará.[3] En 2010, María Rostworowski in 2010 afirmou que non existía ningunha evidencia de que as culturas antigas usasen tal bandeira,[4] e o Congreso da República do Perú corroborou a conclusión da Academia Nacional da Historia do Perú: "O uso oficial da mal chamada 'bandeira Tawantinsuyu' é un erro. No mundo andino non existía o concepto de bandeira, non pertencía ao seu contexto histórico".[1]
Historia moderna
[editar | editar a fonte]O primeiro uso rexistrado da bandeira do arco da vella no Perú estivo relacionado co movemento cooperativo Alianza Cooperativa Internacional que entrou en escena a principios do século XX. A bandeira moderna foi creada a principios dos anos 70 por iniciativa dunha emisora local Radio Rural. En 1973, con motivo do vixésimo quinto aniversario da emisora, Raúla Montesinos Espejo propuxo a bandeira do arco da vella presentándoa como pertencente aos incas. Por desgraza, Montesinos nunca presentou un estudo que acredite a autenticidade do deseño, e foi aceptado de facto sen máis probas. Dende entón, a bandeira medrou en popularidade, pero a xente asóciaa por erro con Tawantinsuyo. Cinco anos despois, o 9 de xuño de 1978, a provincia de Cuzco tomou a bandeira como oficial; 16 días antes da bandeira do orgullo gai en San Francisco. É a segunda bandeira do Cuzco. A primeira bandeira utilizada anteriormente consistía nun fondo escarlata e nun escudo de armas que data da época española, entregado en 1540. Debido á súa semellanza coa bandeira LGBT, moito máis recoñecible, o Sol de Echenique engadiuse á bandeira en 2021. É un disco de ouro que foi entregado ao presidente peruano José Rufino Echenique durante a súa visita a Cuzco en 1853 e emblema oficial do departamento, provincia e cidade de Cuzco dende 1986.[5]
-
Bandeira de Cuzco (1821-1978).
-
Bandeira de Cuzco dende 1978 até 2021.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "La Bandera del Tahuantisuyo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de agosto de 2011. Consultado o 12 de xuño de 2009.
- ↑ "Acerca de la Bandera del Tahuantinsuyo" (en castelán). lamula.pe. 28 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2022. "Encuentros con Hombres Notables. Raúl Montesinos, creador de la Bandera del Tawantinsuyo." (en castelán). caretas.com.pe. 10 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2016.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2009. Consultado o 2009-03-15.
- ↑ «Aposto a miña vida, os incas nunca tiveron esa bandeira, nunca existiu, ningún cronista a mencionou» "¿Bandera gay o del Tahuantinsuyo?". Terra. 19 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2022.
- ↑ PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. "Cusco aprueba ordenanza que incluye el Sol de Echenique en su estandarte oficial". andina.pe (en castelán). Consultado o 2022-05-09.