Saltar ao contido

Bandeira de Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Reino de Iugoslavia

A Bandeira de Iugoslavia describe as bandeiras utilizadas no Reino de Iugoslavia e na República Federal Socialista de Iugoslavia.

Reino de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]

A bandeira nacional e a bandeira civil do antiga Reino de Iugoslavia é azul, branca e vermella en sentido horizontal cun mastro vertical.[1] A bandeira tiña as mesmas cores cá bandeira paneslava aprobada na Conferencia Pan-eslava de Praga en 1848.

A bandeira naval do Reino de Iugoslavia era de cor azul, branco e vermello co escudo simplificado, nun terzo da lonxitude enseña estará o escudo coa coroa. A altura do escudo e da coroa será a metade da altura da enseña.[2][3]

As bandeiras do Reino foron de uso oficial dende 1922 até que o Reino de Iugoslavia foi ocupado polas potencias do Eixo durante a segunda guerra mundial (1941). Despois diso, a bandeira foi utilizada polo Goberno Real no exilio, os representantes diplomáticos, e o Aliados até 1945. Durante a segunda guerra mundial, o Real Exército Iugoslavo na Patria (tamén coñecido como chetniks) utilizou esta bandeira.

Outras bandeiras do Reino de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]

República Federal Socialista de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]
Bandeira da República Socialista de Iugoslavia.
Bandeira dos Partisanos Iugoslavos

A bandeira da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia consta de tres franxas horizontais iguais coas cores do paneslavismo, o azul (arriba), o branco e o vermello, cunha estrela vermella con bordo amarelo, símbolo do comunismo, no centro da bandeira.

Foi creada durante a segunda guerra mundial mediante a substitución do escudo de armas reais na bandeira da pre-guerra do Reino de Iugoslavia pola estrela vermella do comunismo. A primeira bandeira da República Democrática Federal Iugoslavia tiña unha estrela vermella no franxa central da bandeira tricolor. Despois da guerra déuselle a súa forma final coa ampliación da estrela e a inserción dun bordo amarelo.

A bandeira estaba xeralmente acompañada nos edificios oficiais coa bandeiras da república socialista correspondente e a bandeira da Liga dos Comunistas de Iugoslavia. Debido a isto, moitos edificios na antiga Iugoslavia aínda posúen soportes para tres mastros. Unha versión máis pequena da bandeira foi utilizada como bandeira civil, mentres que unha versión alongada ondeaba diante do parlamento iugoslavo.

Outras bandeiras da RFSI

[editar | editar a fonte]
  1. "Constitución do Reino de Iugoslavia". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2001. Consultado o 11 de abril de 2001. 
  2. "Lei das insignias de guerra, mercantes e buques privados de 1922". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 09 de novembro de 2009. 
  3. "Lei de bandeiras nos buques de Iugoslavia de 1937". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 09 de novembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]