Bandeira de Eslovenia
Bandeira de Eslovaquia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 1991 |
Cores | Branco Azul Vermello |
A bandeira de Eslovenia (en esloveno: Zastava Slovenije) foi declarada oficial pola Asemblea de Eslovenia o 24 de xuño de 1991 e foi empregada por vez primeira en Ljubljana o 26 de xuño de 1991, un día despois da declaración de independencia de Eslovenia.
Descrición
[editar | editar a fonte]Está formada por tres bandas horizontais iguais, de cor branco (superior), azul e vermello. Na parte superior esquerda, centrado entre as bandas azul e branca, atópase o escudo de Eslovenia. Esta bandeira, agás o escudo, é semellante ás bandeiras de Rusia e Eslovaquia.
O escudo consiste nun debuxo do monte Triglav, o cumio máis alto de Eslovenia, en cor branca e fondo azul; por baixo atópanse dúas liñas onduladas azuis que representan ao mar Adriático e aos ríos de Eslovenia. Tamén é posible apreciar tres estrelas douradas de seis puntas, dispostas nun triángulo inverso, que foron tomadas do escudo dos condes de Celje (en esloveno Grofje Celjski), a gran casa dinástica de fins do século XIV e inicio do século XV.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Estandarte presidencial
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eslovenia en Flags of the World (en inglés)