Bandeira de Eslovaquia
Bandeira de Eslovaquia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 3 de setembro de 1992 |
Cores | Branco Azul Vermello |
A bandeira de Eslovaquia (en eslovaco: Vlajka Slovenska) data na súa versión orixinal de 1848, a cal carecía do emblema da república: un escudo gótico de fondo vermello cunha cruz branca dobre (patriarcal) sobre tres outeiros en azul. A bandeira nacional de Eslovaquia foi adoptada como bandeira nacional da Eslovaquia independente o 23 de xuño de 1939 e usouse ata 1945. Non volveu ser oficial ata o 1 de marzo de 1990, aínda que a independencia non chegaría ata o ano 1992.
Descrición
[editar | editar a fonte]A bandeira está composta por tres franxas horizontais das mesmas dimensións. A franxa superior é de cor branca, a central é azul e a inferior é de cor vermella escura. Na parte central da bandeira, lixeiramente desprazado cara ao bordo máis próximo ao mastro, figura o escudo nacional.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira vertical
-
Estandarte presidencial
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eslovaquia en Flags of the World (en inglés)