Bandeira de Letonia
Bandeira de Letonia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 27 de febreiro de 1990 |
Cores | Granate Branco |
A bandeira de Letonia (en letón: Latvijas karogs) foi adoptada o 27 de febreiro de 1990. O seu deseño foi declarado oficialmente polo Parlamento como bandeira nacional o 15 de xuño de 1921. Letonia declarouse independente en 1918 e foi usado ata a perda da súa soberanía en 1940.
Deseño
[editar | editar a fonte]A bandeira de Letonia está composta por tres franxas, a superior e a inferior son de cor granate e a central, branca. As proporcións das franxas son de 2:1:2. Desta xeito, as franxas de cor granate posúen un grosor equivalente ao dobre da central. A relación entre o longo e o ancho da bandeira é de 1:2. A cor vermella é de tonalidade escura, granate, definido en sistema Pantone como 1807, e é denominado vermello letón.
Historia
[editar | editar a fonte]Está documentado desde a segunda metade do século XIII o uso en tribos letoas de estandartes de cor vermella cunha banda central de cor branca. Estas probas documentais foron localizadas por Jekabs Lautenbahs-Jusmins, un investigador do folclore letón, na Crónica da Orde de Livonia (Reimchronik), obra na que se relatan diversos acontecementos que tiveron lugar en terras letoas ata 1290. O artista Ansis Cirulis, baseándose nas descricións do estandarte das tribos letoas que se recollen na obra mencionada, elaborou o deseño da bandeira que foi presentado en maio de 1917.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Pavillón naval
-
Estandarte presidencial
-
Estandarte do Primeiro Ministro
-
Estandarte do Ministro de Defensa
-
Bandeira de proa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Letonia en Flags of the World (en inglés)