Bandeira de Estonia
Bandeira de Estonia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 7:11 |
Adopción | 7 de agosto de 1990 |
Cores | Azul Negro Branco |
A bandeira de Estonia (en estoniano: sinimustvalge, "azul-negro-branco") presenta tres bandas horizontais de igual tamaño. A banda azul está arriba, debaixo atópase a negra e finalmente a branca. O tamaño normal desta bandeira é de 105 × 165 cm.
Historia
[editar | editar a fonte]
A bandeira de Estonia apareceu ao redor de 1880 como a bandeira da asociación de estudantes universitarios estonianos da Universidade de Tartu (fundada en 1632) sendo consagrada o 4 de xuño de 1884. Posteriormente, a bandeira vencellouse co nacionalismo estoniano e foi empregada como bandeira nacional (riigilipp) cando Estonia declarouse independente o 24 de febreiro de 1918, adoptándose formalmente a bandeira o 21 de novembro de 1918.
Por mor da invasión por parte da Unión Soviética en xuño de 1940 prohibiuse o uso da bandeira. Foi arriada dos lugares máis simbólicos, como a torre de Pikk Hermann en Tallinn (o 21 de xuño de 1940) cando Estonia aínda era, polo menos formalmente, independente. Ao día seguinte volveu ser izada xunto coa bandeira vermella. A tricolor desapareceu completamente da torre o 27 de xullo de 1940 sendo substituída pola bandeira da República Socialista Soviética de Estonia.
Durante a ocupación alemá (1941-1944), a bandeira foi aceptada como a bandeira da etnia estoniana, pero non como bandeira nacional. Logo de retirada alemá, a bandeira estoniana foi izada unha vez máis. O 22 de setembro, a bandeira vermella reapareceu e pouco tempo despois a bandeira tricolor estoniana foi retirada.
A bandeira estivo prohibida ata os días da perestroika, a finais da década dos 80, ata que, o 24 de febreiro de 1989, a bandeira azul-negra-branca ondeou novamente na Torre Pikk Hermann en Tallinn. Foi novamente declarada como a bandeira nacional o 7 de agosto de 1990, pouco máis dun ano despois que Estonia recuperase a súa independencia.
Construción
[editar | editar a fonte]Simboloxía
[editar | editar a fonte]A inicial interpretación das cores foi:
- Azul polo ceo, os lagos e o mar de Estonia. Simboliza a lealdade ás ideas nacionalistas;
- Negro pola cor do solo nacional;
- Branco que simboliza a ledicia da xente.
Propostas alternativas
[editar | editar a fonte]Despois de que Estonia recuperou a súa independencia en 1991, houbo un debate público para escoller a bandeira nacional. Moitos estonianos consideraban que Estonia era un país nórdico e por iso preferían deixar de lado a tricolor estoniano que tiña unha reminiscencia dos países bálticos da Europa oriental. Presentáronse un gran número de propostas que defenían a incorporación da cruz nórdica coas tres cores nacionais. A máis popular foi unha cruz nórdica branca, con orlas negras nun campo azul semellante á bandeira de Noruega, foi denominada ristilipud. Con todo, o cambio de bandeira non logrou a suficiente popularidade.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de Proa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estonia en Flags of the World (en inglés)