Bandeira da República Checa
Bandeira da República Checa | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 30 de marzo de 1920 |
Cores | Branco Vermello Azul |
A bandeira da República Checa (en checo: státní vlajka České republiky) está formada por dúas franxas horizontais de igual anchura, sendo de cor branca a superior e de cor vermella a inferior, cun triángulo isóscele de cor azul que se espalla até a metade ao longo do rectángulo (un erro común é facelo máis curto), cuxa base coincide co bordo da hasta da bandeira. A bandeira foi herdada de Checoslovaquia logo da disolución da unión do país coa actual Eslovaquia.
Historia
[editar | editar a fonte]Nun principio, a bandeira só tiña as dúas franxas horizontais coas cores do antigo escudo checo (un león de prata sobre campo vermello), mais a semellanza coa bandeira de Polonia e a coincidencia de cores coa bandeira de Austria, fixo que se engadise o triángulo azul. Con todo, esta bandeira aínda se emprega como bandeira de Bohemia (rexión do país).
A autoría da bandeira actual é algo discutida, mais a maioría dos vexiloloxistas consideran que o autor foi Jaroslav Kursa (1875 - 1950), arquiveiro do Departamento de Asuntos Interiores. Esta bandeira foi aprobada oficialmente pola Asemblea Nacional de Checoslovaquia o 30 de marzo de 1920.
A bandeira mudouse durante os anos da ocupación alemá, durante a segunda guerra mundial, substituíndose por unha bandeira tricolor horizontal branca-vermella-azul. Aínda que acabada a guerra, recuperouse a bandeira orixinal. Trala disolución de Checoslovaquia, durante o chamado divorcio de veludo en 1993, a República Checa mantivo a bandeira checoslovaca, mentres que Eslovaquia adoptou unha nova bandeira.
-
Construción da bandeira.
-
Bandeira checa ondeando.
-
Bandeira vertical.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]As bandeiras das distintas rexións (kraje) da República Checa son:
-
Bohemia Central
-
Bohemia Meridional
-
Pilsen
-
Karlovy Vary
-
Ústí nad Labem
-
Liberec
-
Hradec Králové
-
Pardubice
-
Olomouc
-
Moravia Meridional
-
Zlín
-
Vysočina
As seguintes son as cores nacionais das antigas rexións de Bohemia, Moravia e Silesia que, aínda que non teñen carácter oficial, son empregadas pola poboación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- República Checa en Flags of the World (en inglés)