Bandeira da República Turca do Norte de Chipre
Aparencia
Bandeira da RTNC | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 7 de marzo de 1984 |
Cores | Branco Vermello |
A bandeira da República Turca do Norte de Chipre (en turco: Kuzey Kıbrıs Türk Cumhuriyeti bayrağı) ondea en países cos que a RTNC ten relacións diplomáticas, como por exemplo Turquía e o estado non soberano de Nakhichevan en Azerbaidján. A bandeira da RTNC utílizase como oposición á bandeira de Chipre como bandeira do Norte de Chipre. O uso local da bandeira turca é dalgún xeito xemellante ao uso da bandeira grega no resto da illa.
Descrición
[editar | editar a fonte]A bandeira está baseada na bandeira de Turquía, coas cores invertidas e dúas franxas horizontais na parte de arriba e de abaixo en vermello. Xurdiu como resultado dun concurso para elixir unha bandeira representativa do territorio.