Bandeira de Irán
Bandeira de Irán | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 4:7 |
Adopción | 29 de xullo de 1980 |
Cores | Verde Branco Vermello |
A bandeira de Irán (en persa: پرچم ایران) foi adoptada o 29 de xullo de 1980 e é un dos reflexos da Revolución iraniana neste país.
Deseño
[editar | editar a fonte]As cores verde, branco e vermello foron utilizados desde o século XVIII polos gobernantes iranianos ou persas como insignia, aínda que só en 1906 confeccionouse a primeira bandeira nacional a base de tres franxas, verde, branca e vermella, nesa orde de arriba cara a abaixo. Esta bandeira levaba ademais o símbolo do león coa espada e un sol detrás, o cal era o símbolo dos emperadores de Irán.
En 2007 unha orde presidencial estableceu que a bandeira non poderá ser posta a media hasta en sinal de loito porque podería supor unha ofensa ao conter o nome de Alá.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Bandeiras dinásticas previas á Pahlavi
[editar | editar a fonte]Bandeiras da Revolución Constitucional Iraniana
[editar | editar a fonte]-
Bandeira do Estado en 1906.
Bandeiras no século XX
[editar | editar a fonte]Despois da Revolución Islámica liderada polo aiatolá Ruhollah Khomeini, a bandeira foi reformada: elimináronse da franxa branca o símbolo do león e o sol, sendo substituído por unha figura que representa catro medias lúas rodeando unha espada. Así mesmo, colocouse nas franxas verde e vermella, nas partes que limitan coa franxa branca, a frase Allah O Akbar (en árabe Deus é Grande) once veces en cada franxa, representando que foi no día 22 do undécimo mes (Bahman) cando o xa Mohammad Reza Pahlavi fuxiu do país para non volver.
-
Flag of Iran before 1979 Revolution
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irán en Flags of the World (en inglés)