Bandeira de Tailandia
Aparencia
Bandeira de Tailandia | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 28 de setembro de 1917 |
Cores | Azul Vermello Branco |
A bandeira de Tailandia está formada por cinco franxas horizontais de cor vermella, branca, azul, branca e vermella. A anchura da franxa azul, a central, é de dobre tamaño respecto ás restantes. As cores vermella, branca e azul simbolizan a nación, a relixión e o monarca ("Nación, Relixión, Monarca" é un lema non oficial). A versión actual da bandeira adoptouse o 28 de setembro de 1917. En tailandés, a bandeira nacional coñécese como ธงไตรรงค์ (“Thong Trairong”) que significa bandeira tricolor.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]Bandeira | Data | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
![]() |
c.1700–1790 | Símbolo nacional durante os períodos de Ayutthaya e Thonburi | Bandeira rectangular lisa de cor vermella. |
c.1790–1855 | Símbolo civil ata 1855 | ||
![]() |
c.1790–1820 | Símbolo do estado e do naval creado polo Rei Buddha Yodfa Chulaloke (Rama I) | Bandeira vermella cun chakra, presumiblemente para representar Chakri Dynasty. |
![]() |
c.1820–1855 | Cambio feito polo Rei Buddha Loetla Nabhalai (Rama II) | Bandeira vermella cun elefante branco dentro do chakra. |
![]() |
1855–1893 | Símbolo nacional decretado polo Rei Mongkut (Rama IV) | Un elefante branco centrado sobre o campo vermello. Chamada en tailandés "Thong Chang Puak (en thai: ธงช้างเผือก)"[1] (bandeira elefante). |
1893–1916 | Símbolo civil ata 1916 | ||
![]() |
1893–1898 | Bandeira do estado e do naval | Un elefante branco engalanado centrado sobre un fondo vermello. |
1898–1912 | Bandeira civil e do naval. | ||
1912–1917 | Bandeira do estado decretada polo rei Vajiravudh (Rama VI). | ||
![]() |
1917 | Bandeira civil | Bandeira de franxas vermellas e brancas. |
![]() |
1917–presente | Bandeira nacional, civil e do estado | Tamén coñecida como Trairanga. |
Bandeiras navais
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de guerra (da Armada)
-
Pavillón de proa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roberto Breschi. "Siam Bandiera mercantile 1839" (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2004. Consultado o 2004-09-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tailandia en Flags of the World (en inglés)