Bandeira de Irlanda
Bandeira de Irlanda | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 1919 |
Cores | Verde Branco Laranxa |
A bandeira de Irlanda (en irlandés: An Bhratach Náisiúnta) é a bandeira nacional da República de Irlanda. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas verticais de iguais dimensións: verde (lado do mastro), branca e laranxa. A franxa alaranxada simboliza aos protestantes de Irlanda e a verde representa aos católicos do país. A franxa branca representa a paz que eventualmente chegará entre eles.
É moi semellante á bandeira de Costa do Marfil, da que difire soamente pola disposición invertida das cores e polas proporcións.
Deseño
[editar | editar a fonte]Esquema | Verde | Branco | Laranxa |
---|---|---|---|
Pantone | 347 | Branco | 151 |
Hex triplet | #009A49 | #FFFFFF | #FF7900 |
Historia
[editar | editar a fonte]Foi usada por primeira vez polos nacionalistas irlandeses en 1848 durante a revolta da "Xove Irlanda". Foi deseñada para representar a poboación católica romana (verde) e a protestante (laranxa) da illa de Irlanda, que viven xuntas en paz, paz que se representa pola cor branca. Contrariamente ao que se pensa, esta non foi a bandeira do Alzamento de Pascua, que foi en realidade unha bandeira verde cunha arpa e as palabras "Irish Republic" (República Irlandesa), escritas en laranxa. Esta bandeira está exposta na sección de Kildare Street do Museo Nacional de Dublín. A tricolor foi utilizada na revolta, como bandeira da Compañía E, e foi colocada na Oficina de Correos Xeral (GPO, General Post Office) de Dublín, que foi o cuartel xeral dos xefes da revolta. Ao contrario da bandeira oficial, a tricolor da Compañía E foi adoptada pola poboación converténdose de facto na bandeira da República Irlandesa (1919-22).
A bandeira foi adoptada como bandeira nacional do Estado Libre irlandés en 1922. Cando o Estado Libre cambiou o nome a Éire, en 1937, a constitución (Bunreacht na hÉireann) deulle valor constitucional. Dende entón foi a bandeira de Irlanda.
A bandeira nacional aparece en:
- Áras an Uachtaráin (a residencia do Presidente de Irlanda);
- Leinster House (a sede do parlamento irlandés) cando o parlamento está en sesión;
- As cortes irlandesas e os edificios estatais.
Ademais aparece envolvendo os cadaleitos de:
- presidentes e expresidentes irlandeses
- soldados e policías falecidos en acto de servizo
- outras personalidades.
Nos funerais de estado de patriotas irlandeses por exemplo Sir Roger Casement (1965) ou Kevin Barry (2000), a bandeira nacional foi envolvida ao redor dos seus cadaleitos en sinal de respecto e honra.
A tricolor en Irlanda do Norte
[editar | editar a fonte]Ironicamente, o simbolismo principal da bandeira, unidade e respecto entre católicos (verde) e protestantes (laranxa), non se converteu en realidade. No Acta do Goberno de Irlanda de 1920, Irlanda quedou dividida, co Nordeste con maioría unionista convertido en Irlanda do Norte. Irlanda do Norte, a través dun mecanismo orixinado nas seccións 11 e 15 do tratado Anglo-Irlandés elixiu non unirse ao Estado Libre Irlandés, senón seguir formando parte do Reino Unido. O estado norteirlandés emprega a bandeira da Unión Británica e a bandeira chamada "Man vermella do Ulster" (cunha coroa superposta a unha estrela de seis puntas) como símbolo do estado.
Outras bandeiras irlandesas
[editar | editar a fonte]Bandeira presidencial
[editar | editar a fonte]Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
1945 - | Estandarte do Presidente da República | Arpa dourada sobre fondo azul |
Bandeiras rexionais
[editar | editar a fonte]Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
Bandeira das catro provincias | Os catro cuadrantes representan as provincias, cos escudos do Ulster (superior esquerdo, Munster (superior dereito), Connacht (inferior esquerdo) e Leinster (inferior dereito). | ||
Bandeira do Ulster | Cruz vermella sobre fondo amarelo, escudo do colonizador normando (John de Courcy), no centro un escudo branco que no seu interior ten unha man vermella | ||
Bandeira do Leinster | Arpa de ouro sobre fondo verde (empregada tamén como bandeira nacional naval) | ||
Bandeira do Connacht | Bandeira branquiazul coa metade dunha aguia á esquerda e un brazo erguendo unha espada á dereita | ||
Bandeira do Munster | Fondo azul con tres coroas douradas |
Bandeiras militares
[editar | editar a fonte]Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
Bandeira de bauprés | Arpa de ouro sobre fondo verde (tamén empregouse para representar laa Irlanda unida baixo o dominio británico) |
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Bandeira | Período | Uso | Descrición |
---|---|---|---|
1783 - 1922 | Bandeira de San Patricio | Cruz vermella de Santo André sobre fondo branco | |
1801 - 1922 | Union Jack, bandeira do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda | Unha superposición da bandeira inglesa, da escocesa, e da de San Patricio | |
Bandeira do Señor Tenente de Irlanda | Unha Union Flag que no centro ten unha arpa de ouro sobre un escudo azul |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irlanda en Flags of the World (en inglés)