Bandeira de Liechtenstein
Aparencia
Bandeira de Liechtenstein | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 24 de xuño de 1937 |
Cores | Azul Vermello |
A bandeira de Liechtenstein (en alemán: Flagge Liechtensteins) consiste en dúas bandas horizontais de igual tamaño, sendo a superior azul e a inferior vermella, cunha coroa de duque dourada no lado do mastro da banda de arriba. As cores é probable que deriven das da familia real do Principado no século XVIII.
A bandeira azul e vermella de Liechtenstein data de 1921. A coroa foi engadida en 1937, despois de que se descubrise que a bandeira utilizada polo equipo olímpico nos Xogos de 1936 era idéntica á bandeira de Haití. O deseño da coroa foi lixeiramente modificado en 1982. A bandeira pode ser pendurada verticalmente ou horizontalmente, pero coa coroa sempre arriba á dereita.
Other flags
[editar | editar a fonte]-
Bandeira estatal
-
Estandarte do Príncipe
-
Bandeira de 1719 até 1852
-
Bandeira de 1852 até 1921
-
Bandeira de 1921 até 1937
-
Estandarte do Príncipe de 1957 até 1982
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Liechtenstein en Flags of the World (en inglés)