Bandeira de Andorra
Bandeira de Andorra | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 7:10 |
Adopción | 27 de agosto de 1971 |
Cores | Azul Amarelo Vermello |
A bandeira de Andorra (en catalán: Bandera d'Andorra) foi adoptada en 1866 e oficialmente o 27 de agosto de 1971. Está composta por tres franxas verticais de cores azul, amarela e vermella (en razón 8:9:8). No centro sitúase o escudo de Andorra.
Descrición
[editar | editar a fonte]Aínda que a versión oficial inclúe o escudo, existe a versión civil sen este, a cal é idéntica ás bandeiras de Moldova, Chad e Romanía. O deseño oficial do escudo e a bandeira foron aprobados polo Consello Xeral de Andorra o 5 de maio de 1999.
A bandeira pode considerarse como unha fusión entre as bandeiras de España (franxas amarela e vermella) e Francia (franxas azul e vermella), países que actúan de protectores do Principado. Esta bandeira foi instituída en 1866 agregando a franxa azul á preexistente bicolor creada en 1806 en base ás cores do condado de Foix.[1] Durante o intento de Borís Skósyrev de instaurar unha monarquía persoal en Andorra en 1934, a bandeira foi investida e na franxa central instaurou unha coroa de ouro.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de Andorra la Vella
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Andorra en Flags of the World (en inglés)
- Llibre de normes gràfiques per a la reproducció i aplicació dels signes d'Estat per als quals el Govern és autoritat competent (en catalán)