Saltar ao contido

Bandeira de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Serbia
Bandeira de Serbia
Características
Uso
Proporción2:3
AdopciónXuño de 2004
Cores     Vermello     Azul     Branco

A bandeira de Serbia (en serbio: Застава Србије, Zastava Srbije) é tricolor, con tres franxas horizontais iguais, sendo vermella a de arriba, azul a do medio e branca a de abaixo. Son as cores do paneslavismo.

A mesma tricolor, con algunhas variacións, foi a bandeira de Serbia ao longo da súa historia, e é a bandeira étnica do pobo serbio. A bandeira estatal porta tamén o escudo de armas de Serbia, centrado verticalmente e desprazado cada o lado do mastro unha sétima parte da lonxitude total do pavillón. A forma actual da bandeira foi adoptada oficialmente en novembro de 2010.

A proporción oficial da bandeira é de 2:3 (alto/longo),[1] coas tres cores ocupando cada unha un terzo da alzada. As cores recomendas, comezando de arriba a abaixo son:

Sistema Vermello Vermello Azul Amarelo Negro|Negro
Pantone 192C 704C 280C 123C X
CMYK 0-90-70-10 0-90-70-30 100-72-0-19 4-24-95-0 X-X-X-100

A bandeira serbia, en realidade é o pavillón ruso invertido. Antes do Primeiro Levantamento Serbio contra os otománs, unha delegación de Serbia foi a Rusia na procura de axuda. Esta foi concedida, e a delegación quixo mostrar o seu recoñecemento pedíndolles utilizar a bandeira rusa como a pavillón militar de Serbia nas batallas.

A partir de aquí a historia toma sentidos diferentes segundo as versións: a primeira di que a aprobación foi concedida, pero que a delegación esqueceu como estaban ordenadas as cores e a segunda di que a aprobación non foi concedida e os serbios usaron a bandeira rusa invertida para molestar aos rusos.

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]