Saltar ao contido

Bandeira de Casaquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Casaquistán
Bandeira de Casaquistán
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción4 de xuño de 1992
Cores     Azul claro     Amarelo

A bandeira de Casaquistán (en casaco: Қазақстан туы Qazaqstan twı) foi adoptada o 4 de xuño de 1992, substituíndo á bandeira da República Socialista Soviética de Casaquistán. A bandeira é un deseño de Shaken Niyazbekov.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Consiste nun pano de cor azul celeste no que aparecen representados unha aguia esteparia, o sol (ouro) con 32 raios no centro e un estampado dourado próximo ao bordo máis próximo ao mastro.

O estampado representa á arte e as tradicións culturais do pobo casaco. A cor azul celeste do fondo da bandeira alude aos diversos pobos túrquicos que conforman a poboación actual do país (que inclúe entre outros a poboacións de orixe tártara, mongol e uigur). Para eses pobos a cor azul celeste estaba dotado de simbolismo relixioso e representaba ao deus Gök-Tanry aínda que actualmente a cor da bandeira é interpretado como o símbolo do ceo despexado que se divisa no país e da liberdade do seu pobo.

A aguia dourada é un símbolo asociado co imperio de Xenxis Khan que dominou Casaquistán baixo un estandarte de cor azul cunha figura semellante a unha aguia.

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Variantes

[editar | editar a fonte]
  1. "государственный флаг Казахстана". www.vexillographia.ru. Consultado o 2018-10-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]