Bandeira de Moldova
Bandeira de Moldova | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 27 de abril de 1990 |
Cores | Azul Amarelo Vermello |
A bandeira de Moldova (en romanés: Drapelul Republicii Moldova) foi adoptada o 12 de maio de 1990 (antes de proclamarse independente o 27 de agosto de 1991).
Deseño
[editar | editar a fonte]A bandeira de Moldova é tricolor de franxas verticais coas cores azul (xunto ao mastro), amarelo (no centro) e vermello (no exterior). No medio da franxa central, sitúase o escudo nacional (unha aguia suxeitando un escudo coa imaxe dun uro) para distinguila da bandeira de Romanía, que ten os mesmos cores. Até a segunda guerra mundial, Moldova formaba parte de Romanía, e comparte con este idioma e cultura, de aí a similitude das bandeiras.
Sistema de cor | Azul | Amarelo | Vermello | Marrón | Verde |
---|---|---|---|---|---|
Pantone | 293c | 109c | 186c | 4645c | 3415c |
CMYK | 97.81.0.0 | 1.15.100.0 | 13.100.90.4 | 28.15.68.7 | 100.26.86.14 |
RGB | 0-70-174 | 255-210-0 | 204-9-47 | 176-126-91 | 0-122-80 |
HTML | #0046AE | #FFD200 | #CC092F | #B07E5B | #007A50 |
Diferenza anverso-reverso
[editar | editar a fonte]Xunto coas bandeiras de Paraguai e México, a de Moldova é unha das poucas bandeiras nacionais con anverso e reverso diferentes.[1] Aínda que a lei indica que o reverso da bandeira de Moldova non debe conter o escudo de armas, é habitual atopar bandeiras co anverso e reverso iguais. Até 2010 o deseño da bandeira era o seguinte:
O deseño actual do anverso e reverso do pavillón moldovo é o seguinte:
-
Anverso
-
Reverso
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Antes da bandeira actual, durante a etapa da República Socialista Soviética de Moldova, usábase unha bandeira vermella cunha fouce e un martelo dourados na esquina superior de lado da hasta, cunha franxa horizontal de cor verde no centro, que foi adoptada o 31 de xaneiro de 1952.
Antes desta, a bandeira era vermella coa fouce e o martelo dourados, e cos caracteres РССМ (RSSM en cirílico) escritos tamén en dourado baixo estes.
-
Bandeira da R.D. de Moldova (1917)
-
Bandeira do Congreso Moldovo (1917)
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
2:3 Forzas armadas
-
1:1 Presidente
-
1:1 Presidente do Parlamento
-
1:1 Primeiro Ministro
-
1:2 Ministro de Defensa (temporal)
-
2:3 Garda fronteiriza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Drapelul de stat al Republicii Moldova". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 06 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Moldova en Flags of the World (en inglés)