Barañáin
Barañáin-Barañain (mul) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Poboación | ||||
Poboación | 19.575 (2023) (14.082,73 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1,39 km² | |||
Altitude | 434 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Estevo Mártir | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Antonio Mendive Rodríguez (en) Oihaneder Indakoetxea (en) (2015–2019) María Lecumberri (en) (2019–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31010 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 31901 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | baranain.com | |||
Barañáin (en éuscaro: Barañain) é un municipio de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na Cuenca de Pamplona, a 5 km ao oeste de Pamplona, formando parte da súa área metropolitana.
Cunha poboación de 21 444 habitantes (2012), é o terceiro municipio máis poboado da comunidade logo da capital e Tudela.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Barañain atópase no centro de Navarra, na Cuenca de Pamplona. O municipio limita con Arazuri (Cendea de Olza), Ermitagaña, Mendebaldea e Echavacoiz (barrios de Pamplona) e Zizur Nagusia e Cendea de Zizur.
Historia
[editar | editar a fonte]Barañain tivo como nome BARAYNIN, BARANIEN, BARANYAIN e agora BARAÑAIN, todos significan "no chairo". Desde a prehistoria houbo asentamentos humanos estables, segundo, testemúñano as pezas de sílex achadas no seu territorio.
En Barañain a finais do século IV, foi construída unha vila romana, dedicada á explotación agraria, con carácter autosuficiente.
Na Idade Media as familias de Barañain ocupaban o último chanzo social como meros habitantes, ou moradores, é dicir, colonos carentes de casa e bens propios, sen dereito a veciñanza. A catedral de Pamplona e os Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén posuíron heredades no seu termo desde o século XII.
En 1244 o pobo estaba constituído polo convento das monxas de San Agustín. A igrexa de San Esteban situada no antigo núcleo de poboación data do século XVI. Das 15 vivendas existentes en Barañain en 1723, dúas eran da igrexa Parroquial de San Lorenzo da cidade de Pamplona, unha da Vigairía desta parroquia, e as 12 restantes do colexio da compañía de Xesús. En 1802 tiña unha presa, con muíño e batán, sobre o Arga, batán que pertencía á casa de Misericordia de Pamplona e estaba en 1850 paralizado. Non tiña máis camiño que o que conducía a Pamplona.
Tradicionalmente a economía baseouse na agricultura (trigo, cebada, millo, lentellas, garavanzos, ervellas, fabas e pastos para o gando) e a gandería (gando lanar, cabras de leite, vacún e mular necesario para os labores do campo), completadas con algunhas actividades industriais ou artesanais (hilatura e teares), a caza (paspallás) e a pesca (barbos e anguías), que tiveron como principal centro consumidor o mercado de Pamplona. No catastro de 1837 figuran varias familias co oficio de "pescador con garramuch". A pesca no Arga, augas abaixo de Pamplona veu practicándose ata mediados do noso século.
Barañáin formou historicamente parte da Cendea de Cizur. A Cendea de Cizur é unha das cinco da Cuenca de Pamplona. Na Idade Media tiña 18 núcleos de poboación; Acella, Astrain, Barañain, Zizur Nagusia, Zizur Menor, Echavacoiz, Eriete, Eulza, Gazólaz, Guendulain, Larraya, Muru-Astrain, Nuin, Oyerza, Paternain, Sagües, Undiano e Zariquiegui. Cendea refírese como pequenos núcleos de poboación insuficiente para formar por si sos Concello, pero que pola súa situación únense entre si para defensa de intereses comúns.
O termo de Barañain foi máis extenso que o actual no pasado, prolongándose cara á zona de San Juan de la Cadena, incluíndo os terreos nos que actualmente está emprazado o Hospital de Navarra, coñecido como Hospital de Barañáin nos seus inicios, (1932).
A metades dos anos 60 iniciouse un rápido crecemento urbano de Barañain que transformou a pequena localidade, non tiña máis de 100 habitantes, ata convertela dúas décadas despois na terceira poboación de Navarra en número de habitantes.
Contrariamente aos usos daqueles anos, Barañain foi un dos primeiros expoñentes do urbanismo planificado e o seu Plan de Ordenación foi aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Arquitectura e Urbanismo o 18 de marzo de 1967 As primeiras 112 vivendas desta expansión urbanística entregáronse o 12 de maio de 1968, e correspondían ao bloque situado nos números 4 e 6 da Avda Pamplona.
O 28 de decembro de 1984 proclamouse a súa segregación da Cendea de Cizur e constituíuse como municipio independente, conforme ao acordo do Consello de Ministros aprobado mediante o Real Decreto 696/84 de 8 de febreiro de 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barañáin |