Antsoain
Ansoáin-Antsoain (mul) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.608 (2023) (5.304 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá (zona lingüística) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2 km² | |||
Altitude | 426 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Cosme e Damián | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ander Oroz (en) (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 31013 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 948-12, 948-13 e 948-14 | |||
Código INE | 31016 | |||
Sitio web | ansoain.es | |||
Antsoain (en castelán e tamén oficial: Ansoáin) é un municipio de Navarra, no meiriñado de Pamplona. Constitúese como tal municipio independente ao segregarse o 14 de marzo de 1991.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase nas saias do monte Ezcaba ou San Cristóbal. A extensión do municipio alcanza a terreos próximos ao monte que se dedicaron a cultivos, e outra parte que é puramente monte.
Barrios
[editar | editar a fonte]Distínguense dous núcleos: A vila nova sitúase nunha planicie da comarca de Pamplona, o pobo vello que se haxa situado nos outeiros do monte Ezcaba, onde se erixe o forte militar Afonso XII, o termo esténdese ata o extremo suroriental da antiga cendea do seu nome. A 4 quilómetros de Pamplona.
A localidade de Antsoain está contigua á capital e comprende dúas zonas diferentes por unha banda a do norte, é máis alta e ocupa a saia do monte Ezcaba ou San Cristóbal. A do sur, máis chaira, chega ata as proximidades do río Arga preto da igrexa de Capuchinos (Pamplona). Antsoain limita co Val de Ezcabarte polo norte, con Villava polo leste, con Pamplona polo sur e co termo municipal de Berrioplano (Artica) polo Oeste.
Polo seu termo, pasan dous arroios de certa importancia, como o Ballariáin. Este vai desembocar no curso principal do Arga.
Demografía
[editar | editar a fonte]Antsoain está no 9º posto como municipio de maior poboación de Navarra.[1]
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
5.396 | 6.027 | 6.479 | 7.133 | 7.656 | 8.175 | 8.854 | 9.526 | 9.862 | 9.952 | 10.088 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Nacional de Estadística: Cifras de Poboación referidas ao 1/1/2006". Arquivado dende o orixinal o 05/02/2007. Consultado o 03/02/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antsoain |