Barbara Strozzi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1619 Venecia, Italia |
Morte | 11 de novembro de 1677 (58 anos) Padua, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Antonio de Padua |
Educación | Accademia degli Unisoni (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, Música barroca e canto |
Ocupación | compositora, cantante de ópera, letrista, actriz de teatro, modelo artístico, cantante |
Período de actividade | 1644 - |
Xénero artístico | Música barroca |
Movemento | Música barroca |
Profesores | Francesco Cavalli (pt) , Giulio Strozzi (pt) e Antonio Cesti (pt) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Laúde |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Giulio Strozzi |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Barbara Strozzi, nada en Venecia o 6 de agosto de 1619 e finada en Padua o 11 de novembro de 1677, foi unha cantante e compositora italiana do Barroco.
Obra
[editar | editar a fonte]A meirande parte dos seus traballos foron cantatas para soprano solista e baixo continuo, polo que é posíbel pensar que foron escritas para ser interpretadas por ela mesma.
A súa música está profundamente arraigada na técnica denominada "segunda práctica", cuxo principal exemplo é a obra de Claudio Monteverdi. Con todo, os seus traballos presentan maior énfase na lírica, baseados posibelmente na extensión da súa propia voz. Moitas das letras das súas pezas foron escritas polo seu pai Giulio Strozzi. Barbara Strozzi escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e duetos. Publicou oito volumes de obras, incluíndo máis cantatas que calquera outro compositor do século XVII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Barbara Strozzi (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Strozzi |