Barco del arroz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
O Barco do Arroz[1][2] é o nome dado en Andalucía e Estremadura a varias lendas urbanas referentes a barcos cargados con axuda humanitaria que desapareceron misteriosamente, sen chegar ao seu destino. Estas lendas deron orixe a expresión "estar máis perdido que o barco do arroz".
Alcatraz
[editar | editar a fonte]O Alcatraz foi un barco arxentino enviado na década de 1940 polo goberno de Juan Domingo Perón á España da posguerra.O devandito barco, segundo informou o goberno arxentino, ía cargado de arroz, pero nunca chegou ás costas andaluzas. A versión máis estendida do extravío é o afundimento do barco, que deu orixe ao refrán.
Especúlase tamén que a tripulación do barco quedou con este e o seu contido. Outras versións relatan que a tripulación sufriu unha enfermidade contaxiosa e todos morreron, sen posibilidade de que o cargamento chegase a porto.
O vapor de Cádiz
[editar | editar a fonte]Cóntase que, na década de 1950, un barco de vapor cargado de arroz soltouse das súas amarras cando estaba amarrado no peirao de Cádiz, foi arrastrado pola corrente cara á costa e abriuse, soltando todo o seu cargamento. Nesta ocasión, o arroz puido ser salvado con guindastres.
Axuda humanitaria a Etiopía
[editar | editar a fonte]Na década de 1980, levouse a cabo en Sevilla unha colecta de arroz procedente das Marismas do Guadalquivir, para ser enviado a Etiopía. Unha vez que o barco partiu, os sevillanos non tiveron noticias da chegada deste ao país africano, nin do seu regreso. Este feito popularizou aínda máis o refrán.
O "barco do arroz" de Sanlúcar de Barrameda - Chipiona
[editar | editar a fonte]O 27 de febreiro de 1994, un barco chipriota cargado con 6080 toneladas de arroz procedente de Bangkok, o Weisshorn, ía penetrar no río Guadalquivir con destino ao porto de Sevilla. Á altura de Chipiona, debido á marea baixa, o barco quedou encallado na plataforma continental, provocando vías de auga. O arroz inflouse coa auga de mar até o punto de abolar as portas metálicas que o gardaban. O barco acabou partíndose en dous e a tripulación fuxiu do barco cara ás costas de Chipiona. Dise que o buque non encallou por accidente, senón que foi o capitán o que o achegou á mantenta á costa, por unha débeda co armador. Outra versión máis oficial apunta a que o barco se atopaba fondeado no día dos feitos fronte ás costas de Sanlúcar á espera de entrar polo río, cando houbo un forte temporal que rompeu a cadea da áncora, e o navío viuse arrastrado polo vento e a ondada até unha zona pouco profunda coñecida como "Baixo Picacho", onde encallou.[3] Os veciños de Sanlúcar e Chipiona sufriron durante máis dun mes un cheiro insoportable provocado pola súa putrefacción.
Este barco pódese ver desde Chipiona, Sanlúcar de Barrameda e a costa do Parque Nacional de Doñana (Huelva), e é coñecido polos aldeáns como o "Barco do arroz".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "más perdido que el barco del arroz"
- ↑ "El barco del arroz". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2016.
- ↑ ""Weisshorn, barco hundido"". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 09 de febreiro de 2016.