O Barnsley Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Barnsley, Inglaterra. Co alcume de the Tykes, o equipo foi fundado en 1887 baixo o nome de Barnsley St. Peter's. As cores do equipo son o vermello e o branco, e o seu estadio é Oakwell dende 1888. Actualmente compite no Football League Championship.