Leeds United F.C.
Leeds United | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Leeds United Association Football Club | |||
Alcume(s) | The Whites | |||
Fundación | 17 de outubro de 1919 (105 anos) | |||
Estadio | Elland Road, Leeds, Inglaterra | |||
Inauguración | 1904 | |||
Capacidade | 37.890 | |||
Presidente | Andrea Radrizzani | |||
Adestrador | Marcelo Bielsa | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 1º (Championship) | |||
Na rede | ||||
http://www.leedsunited.com/ | ||||
| ||||
O Leeds United Association Football Club é un club de fútbol de Inglaterra (Reino Unido), da cidade de Leeds en West Yorkshire. Foi fundado en 1919 e xoga na Premier League.
Historia
[editar | editar a fonte]O Leeds United FC foi fundado en 1904. O seu primeiro nome foi Leeds City FC.
Na tempada 1968-69 consegue o seu primeiro campionato da Football League First Division inglesa. Repetiron na tempada 1973-74.
Na tempada 1974-75, chegou á final da Liga de Campións da UEFA, perdendo nesta contra o Bayern de Múnic por 2 a 0, nun partido disputado en París.
O último grande éxito do Leeds United na primeira división de fútbol inglés remóntase á tempada 1991-92 na que se proclamou campión inglés con 67 puntos, seguido do Sheffield. O equipo estaba integrado por xogadores como Éric Cantona ou Gordon Strachan e o adestrador era Howard Wilkinson.
Pero non foi ata a tempada 2000/2001 cando o Leeds alcanzou o seu máximo esplendor en Europa; nun equipo formado por xogadores como Rio Ferdinand, Jonathan Woodgate, Ian Farte, Robbie Keane, Alan Smith, Mark Viduka ou Harry Kewell e sendo adestrado por David O'Leary. Na primeira rolda da Champions League atopáronse con equipos co AC Milan, FC Barcelona e Besiktas, pasando de rolda xunto cos rossoneri. A segunda fase deparou máis equipos complicados, atopándose con Real Madrid, Lazio e RSC Anderlecht, pasando xunto co equipo español aos cuartos de final onde lle esperaba o Deportivo da Coruña, partido que o Leeds sentenciou cun contundente 3-0 na ida. As semifinais enfrontaron ao Leeds co Valencia CF de Héctor Cuper, que logo dun partido igualado na ida en Elland Road sentenciou na volta cun 3-0 con goles de Juan Sánchez e Gaizka Mendieta apeando ao Leeds de xogar a final da Champions League. Os xogadores do Leeds con motivo deste último partido rapáronse todos o pelo da cabeza para enfrontarse ao rival. As dúas tempadas seguintes seguiron disputando competición europea, aínda que esta vez era a Copa da UEFA onde non conseguiron pasar de oitavos de final ningún dos dous anos.
A tempada 2003/2004 consumouse o descenso do Leeds á Championship logo de dúas malas tempadas nas que o equipo cambiou dúas veces de adestrador (Terry Venables e Peter Reid) e tras unha derrota ante o Bolton a dúas xornadas para o final da tempada que deixaba o descenso practicamente consumado. En 2004 o club tivo que vender o seu estadio e logrou sobrevivir grazas a un consorcio de empresarios locais.
Logo de tres tempadas na Championship, na tempada 2006/2007 e debido a que debía 35 millóns de libras foi posto baixo administración xudicial e coa consecuente retirada de puntos descendido á terceira división do fútbol inglés.
O 8 de maio de 2010, o Leeds United logra o ascenso á Championship tras vencer ao Bristol Rovers en Elland Road.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta e pantalón amarelos e medias azuis.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de agosto de 2020.
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Premier League (3): 1968–69, 1973–74, 1991–92
- EFL Second División/Championship (4): 1923–24, 1963–64, 1989–90, 2019–20
- FA Cup (1): 1971–72
- Football League Cup (1): 1967–68
- FA Community Shield (2): 1969, 1992
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa de Feiras (2): 1967–68, 1970–71
- Subcampión da Liga de Campións da UEFA (1): 1974–75
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)