O Portsmouth tivo un grande éxito a mediados dos anos 2000, cando conseguiu gañar a FA Cup na tempada 2007-08, ó vencer por 1-0 na final ó Cardiff City. Durante este período, o tivo un gran número de xogadores internacionais, coma Glen Johnson, Jermain Defoe, Peter Crouch ou Sol Campbell. Porén, os problemas financeiros levaron pronto ó Portsmouth ó descenso ó Football League Championship en 2010, e á Football League One dous anos máis tarde, sendo a primeira vez que xogan no terceiro nivel do fútbol inglés dende os anos 80.