Saltar ao contido

Begoña Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBegoña Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía inglesa
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa

BNE: XX1671667 AELG: 380 BUSC: paz-begona-1965

Begoña Paz Rey, nada na Coruña o 15 de marzo de 1965, é unha escritora galega en lingua galega.

Formación

[editar | editar a fonte]

Graduada en Estudos Ingleses pola UNED, fixo un posgrao en cultura e violencia de xénero e un mestrado en Literaturas Hispánicas (Catalá, Galega e Vasca) no contexto europeo.

Malia escribir exclusivamente en lingua galega, poemas seus foron antologados en versións bilingües galego-castelán, xunto cos doutras escritoras do españolas.[1]

Colaborou na elaboración do guión do que ía ser o primeiro filme de temática pornográfica, O divino ferrete,[2] realizado en Galicia. O proxecto foi finalmente desbotado.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • A mala vida, 2011, Ediciones La Baragaña, Palma.
  • Caja de las bestias. Caixa das bestas, 2020, Baile del Sol, Tegueste. Edición bilingüe galego-castelán.

Volumes colectivos

[editar | editar a fonte]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]
  • Premio Centenario de Ribeira de Novela Curta 2006, pola novela As mellores intencións.
  • Accésit no Certame Nacional Galego de narracións breves Premio Modesto R. Figueiredo (2006), polo relato O monstro no labirinto.
  • 2º Premio no Certame de Relato Curto do Centro Galego de Barakaldo (2006), polo relato Sereas.
  1. Noelia Díaz. Cuando el ´post´ es el poema, La Opinión A Coruña, 23/5/2010 (en castelán).
  2. "O divino ferrete". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2010. Consultado o 21 de setembro de 2010. 
  3. Libro electrónico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]