Benito Calderón Ozores
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1861 Santiago de Compostela, España |
Morte | 11 de outubro de 1892 (31 anos) Lourizán, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Familia | |
Fillos | Vicente Calderón Montero-Ríos, Eugenio Calderón Montero-Ríos |
Pai | Vicente Calderón Oreiro |
Irmáns | Joaquín Calderón Ozores |
Benito Calderón Ozores, nado en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 1861 e finado en Lourizán (Pontevedra) o 11 de outubro de 1892, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría. Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos o 14 de abril de 1890.[1] Foi elixido deputado por Santiago de Compostela na elección parcial de 5 de marzo de 1890, escano que lle puxo en bandexa o seu sogro Montero Ríos, quen renunciou a el para ocupar o posto de senador tralas eleccións de 1889. Foi reelixido nas seguintes eleccións (1 de febreiro de 1891), pero a morte truncou a súa carreira política en 1892.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Vicente e Eugenio Calderón Montero-Ríos.[3]