Saltar ao contido

Vicente Calderón Montero-Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Calderón Montero-Ríos
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1927 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Reus, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBenito Calderón Ozores Editar o valor en Wikidata
IrmánsEugenio Calderón Montero-Ríos Editar o valor en Wikidata

Vicente Calderón Montero-Ríos, V conde de San Juan, nado en 1891 e finado en Reus o 7 de xaneiro de 1927, foi un militar e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Benito Calderón Ozores e de Eugenia Montero Villegas e neto de Vicente Calderón Oreiro e Eugenio Montero Ríos. Como militar interveu na Guerra do Rif, participando no Desastre de Annual formado parte do Rexemento de Cazadores de Alcántara.[1] Nas eleccións de 1923 foi elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela. Morreu en Reus, onde estaba destinado como capitán de Cabalería, en xaneiro de 1927.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Dolores Valera Jiménez-Arroyo.[3]

  1. Desastre de Annual: Oficiales del Regimiento de Cazadores de Alcántara. 14º de Caballería.
  2. El Compostelano, 8-1-1927, p. 2.
  3. Revista de Historia y de Genealogía Española. 1/2-1927, p. 97.