José Montero Ríos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1830 Santiago de Compostela, España |
Morte | 27 de outubro de 1890 (60 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Empregador | Universidade de Granada |
José Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de xullo de 1830 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1890, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Eugenio Montero Ríos. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Dedicouse ao coidado de enfermos de cólera nos primeiros anos como médico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1868 e 1870. En 1870 trasladouse á Universidade de Madrid, e foi nomeado reitor da Universidade da Habana (1872-1876). Foi elixido deputado polo distrito de Taveirós (1871-1872), senador pola provincia de Pontevedra (1872-1873), pola Universidade de Santiago de Compostela (1881-1882 e 1884-1885) e en 1886 foi nomeado senador vitalicio.
Predecesor: Juan José Viñas |
Reitor da Univ. de Santiago 1868 - 1870 |
Sucesor: Casimiro Torre Castro |
Obras
[editar | editar a fonte]- Deberes que el médico tiene contraídos con la humanidad, 1862
Traducións
[editar | editar a fonte]- Guía de médico práctico. Resumen general de patología intensa y de terapéutica aplicada 1871-1873 (con M. Teijeiro).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Universidade, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela. p. 507-509. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)