Saltar ao contido

Benito Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenito Portela

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Sada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sada
2023 –
← María Nogareda Marzoa
Alcalde de Sada
2015 – novembro de 2022 (moción de censura)
← Ernesto AnidoMaría Nogareda Marzoa → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro agrónomo Editar o valor en Wikidata

Óscar Benito Portela Fernández, nado en Taibó (Sada) en 1975[1], é un enxeñeiro e político galego de Anova.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro técnico agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o secretario do alcalde de Sada, o nacionalista Abel López Soto, entre 2008 e 2011.

Benito Portela, Marta Lois, Antón Sánchez García, María García Gómez, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega en 2022.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Sadamaioría á alcaldía de Sada e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE, BNG e o Partido Demócrata Sada Popular do exalcalde Ramón Rodríguez Ares[2]. Nas municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3], sendo a forza máis votada e establecendo un pacto de goberno co BNG e Alternativa dos Veciños. En novembro de 2022, trala ruptura do pacto cos concelleiros de Alternativa, foi desaloxado da alcaldía por unha moción de censura apoiado por concelleiros tránsfugas de Alternativa, PPdeG e PSdeG e encabezada pola anterior candidata de AV María Nogareda[4]. Finalmente recuperou a alcaldía tralas municipais de 2023, nas cales logrou de novo se-la forza máis votada e subiu 1 concelleiro, e recibiu o apoio do único edil do BNG, sen chegar os demais grupos a un acordo alternativo[5].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ernesto Anido Varela
 
Alcalde de Sada
 
2015 - 2022
Sucesor:
María Nogareda
Predecesor:
María Nogareda
 
Alcalde de Sada
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo