María García Gómez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (46/47 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de León |
Actividade | |
Ocupación | política, educadora |
María García Gómez, nada na Coruña en 1978, é unha técnico e educadora mediomabiental e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Medioambientais en León, Planificación e Desenvolvemento Local na Coruña e Medio Ambiente e Formación en Alemaña. Fala inglés, francés e alemán.
Traballou como educadora medioambiental en diversos programas, entre eles na planta municipal de tratamento de lixo de Nostián. Foi técnico municipal de Medio Ambiente en Carnota, onde xestionou o dispositivo de crise da marea negra do Prestige.
Durante oito anos en Alemaña participou en proxectos de desenvolvemento urbano sustentábel baseados na participación cidadá e a autoorganización. Desde o centro cultural da ufaFabrik (Best-Practice do programa Hábitat da ONU) desenvolveu proxectos europeos de transferencia do coñecemento con escolas de FP de Galiza, Alemaña, Portugal, Francia, Dinamarca e Letonia. Participou tamén en colectivos de defensa ambiental e de activismo cidadán.
Após as eleccións municipais de 2015 foi elixida Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible no Goberno Municipal formado pola Marea Atlántica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de María García Gómez na web municipal.