Benni McCarthy
Benedict Saul McCarthy máis coñecido como Benni McCarthy, nado o 12 de novembro de 1977 en Cidade do Cabo (Suráfrica) é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moi xove destacou no equipo surafricano Seven Stars e fichou polo Ajax Amsterdam, co que gañou o Campionato holandés e a Copa de Holanda na tempada 1997-98. Ao ano seguinte o equipo repetiría título gañando a Copa.
No verán de 1999 chegou ao Celta de Vigo, ao igual que os tamén dianteiros Iván Kaviedes e Mario Turdó, onde se fixo coa titularidade dende o primeiro momento. Porén foi perdendo peso no equipo co paso das tempadas, destacando a diferenza de rendemento entre as pretempadas e a tempada propiamente dita, onde non rendía como se agardaba del.
Coa chegada de Catanha mediada a tempada 2001/02 foi cedido ao FC Porto de José Mourinho, onde realizaría unha fantástica segunda parte de campionato, marcando 12 goles en 11 encontros. Porén o seu regreso a Vigo volver ser decepcionante.
Ao rematar este segundo período en Vigo, e tras catro tempadas nas que disputou 66 encontros e marcou 10 goles, foi definitivamente traspasado ao FC Porto.
No equipo portugués tomou parte dunha das mellores tempadas da historia do club, conquistando o Campionato portugués, a Liga de Campións e a Supercopa de Portugal, sendo McCarthy o máximo goleador da Liga portuguesa con 20 goles e marcando 4 goles máis na Copa de Europa.
Ao ano seguinte o seu rendemento baixou, marcando 11 goles. Ao inicio da tempada 2005-06 manifestou o seu desexo de xogar na Premier League, pero non o conseguiu ata o ano seguinte, cando fichou polo Blackburn Rovers. En febreiro de 2010 foi traspasado ao West Ham, de onde se foi un ano despois ao Orlando Pirates de Suráfrica sen marcar ningún gol.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
Seven Stars | Suráfrica | 1995-1997 |
Ajax Cape Town | Suráfrica | 1997 |
Ajax Ámstrdam | Países Baixos | 1998-1999 |
Celta de Vigo | España | 1999-2003 |
Porto | Portugal | 2003-2006 |
Blackburn Rovers | Inglaterra | 2006-2010 |
West Ham United | Inglaterra | 2010 |
Orlando Pirates | Suráfrica | 2011 - 2013 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Eredivisie | Ajax Ámsterdam | Países Baixos | 1998 |
Copa dos Países Baixos | Ajax Ámsterdam | Países Baixos | 1998 |
Copa dos Países Baixos | Ajax Ámsterdam | Países Baixos | 1999 |
Supertaça de Portugal | Porto | Portugal | 2003 |
Liga portuguesa | Porto | Portugal | 2004 |
Supercopa de Portugal | Porto | Portugal | 2004 |
Liga portuguesa | Porto | Portugal | 2006 |
Taça de Portugal | Porto | Portugal | 2006 |
Premier Soccer League | Orlando Pirates | Suráfrica | 2012 |
Copa da Liga de Suráfrica | Orlando Pirates | Suráfrica | 2012 |
MTN 8 | Orlando Pirates | Suráfrica | 2012 |
Carling Black Label Cup | Orlando Pirates | Suráfrica | 2012 |
Campionatos internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Intertoto | Celta de Vigo | España | 2000 |
Copa da UEFA | Porto | Portugal | 2003 |
Liga de Campions | Porto | Portugal | 2004 |
Copa Intercontinental | Porto | Portugal | 2004 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Máximo goleador da Primeira Liga (20 goles) | 2004 |
- Nados en Cidade do Cabo
- Nados en 1977
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas olímpicos de Suráfrica
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do Blackburn Rovers FC
- Xogadores do West Ham United FC
- Xogadores do Orlando Pirates
- Xogadores da selección de fútbol de Suráfrica
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1998
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2002