Bernardino Varela do Campo
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 24 de marzo de 1944 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mariño , político ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Elvira Bao |
Bernardino Varela Docampo, nado na Coruña en 1889 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1944,[1] foi un mariño e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Visita_de_honra_%C3%A1_campa_de_Xoh%C3%A1n_Vicente_Viqueira_en_Ouces_Bergondo_1930.jpg/300px-Visita_de_honra_%C3%A1_campa_de_Xoh%C3%A1n_Vicente_Viqueira_en_Ouces_Bergondo_1930.jpg)
Piloto e capitán da mariña mercante. Fundou a Escola de Náutica da Coruña onde foi profesor de Cosmografía e Navegación. Foi administrador da empresa Castromil.[3] Militou na Irmandade da Fala da Coruña e foi un dos asinantes do Manifesto Nacionalista da Asemblea de Lugo. Despois militou no Partido Galeguista e foi secretario do periódico A Nosa Terra. Traduciu ao galego textos para as representacións teatrais das Irmandades. Foi o editor do primeiro conto para nenos en galego.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Elvira Bao Maceiras e foi pai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 25-3-1944, p. 3.
- ↑ Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3.
- ↑ Galicia. Diario de Vigo, 25-10-1922 , p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernardino Varela do Campo ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Elvira Varela Bao" Arquivado 07 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Nomes e Voces.