Betéitiva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Valderrama | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 123 km² | ||||
Altitude | 2.575 m | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | beteitiva-boyaca.gov.co… |
Betéitiva é unha vila e concello da provincia de Valderrama, no departamento colombiano de Boyacá. O centro urbano de Betétiva atópase a 250 quilómetros da capital do país, Bogotá, a 110 quilómetros da capital de departamento, Tunja, e 45 quilómetros de Sogamoso. O concello, que se atopa no Altiplano Cundiboyacense, limita con Belén polo norte, con Paz de Río polo nordeste, con Tasco polo leste, con Corrales polo sueste e con Busbanzá e Cerinza polo oeste.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Betéitiva deriva do nome muisca do cacique Betacín. Segundo un mito muisca, Betacín namorouse da filla do iraca de Sugamuxi e tras ser rexeitado retirouse na zona agora coñecida como Betéitiva.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Antes da conquista española, a rexión de Betéitiva estaba habitada polos muiscas, organizados na Confederación Muisca. Diferentes gobernantes reinaron nas terras altas dos Andes colombianos e Betéitiva estaba gobernado polo cacique Betacín.
A Betéitiva moderna foi fundada o 14 de outubro de 1556 por Juan Salamanca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán) Etymology Betéitiva - Excelsio.net
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 14 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)