Iraca
O iraca, ás veces tamén escrito iraka,[1][2] era o gobernante e alto sacerdote de Sugamuxi no seo da confederación muisca que habitaba no Altiplano Cundiboyacense; as terras altas centrais nos Andes de Colombia. Iraca tamén pode facer referencia ó val de Iraka no que gobernaba.[1][2][3]
Contexto
[editar | editar a fonte]Nos séculos anteriores á chegada dos Conquistadores españois no centro de Colombia, os vales da Cordilleira Oriental eran gobernados por catro líderes principais e numerosos caciques independentes. Os territorios do norte eran gobernados polo zaque de Hunza, a capital do actual departamento de Boyacá, mentres que os territorios do sur eran gobernados polo zipa, con sede en Bacatá, que no presente é a capital de Colombia, Bogotá. Outros líderes salientables eran o iraca e o cacique Tundama con sede en Tundama, na actual cidade de Duitama. Os muiscas eran unha das catro civilizacións avanzadas de América, xunto cos aztecas, os maias e os incas.[4]
Iracas coñecidos
[editar | editar a fonte]Por mor da conquista española das nacións chibchas é pouco o que se coñece sobre eles e a maioría baséase na mitoloxía. Iracas confirmados foron:
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Langebaek Rueda, Carl Henrik; et al. (2005). Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria - The Muisca: representations, cartography and ethnopolitics (en castelán). Universidad Javeriana. pp. 1–380. ISBN 958-683-643-6.
- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1.
- Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.