Lagoas de Siecha
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Parque Nacional Natural Chingaza | |||
Localización | ||||
División administrativa | Colombia | |||
| ||||
As lagoas de Siecha son un conxunto de tres lagoas situadas na xurisdición do municipio colombiano de Guasca, no departamento de Cundinamarca. Estase lagoas andinas son consideradas sagradas na relixión muisca, os poboadores orixinais da área antes da conquista española na década de 1530.[1] No presente, as tres lagoas reciben os nomes de: Fausto, América, e Siecha (a meirande). Na antiga lingua dos muiscas, Siecha quere dicir "Home de auga".
Historia
[editar | editar a fonte]A zona estaba habitada desde tempos prehispánicos, pola cultura muisca. Segundo diversos historiadores existen indicios de que nas lagoas deste sitio realizábase realmente a cerimonia de ofrenda da lenda de El Dorado. Aínda que se presume tamén que non era unha única cerimonia, senón que cada cacicado importante celebrábaa nunha lagoa do seu propio territorio.
No presente, estas lagoas forman parte do Parque Nacional Natural Chingaza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ocampo López, 2013, p.213
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1.