Cabido Maior do Pobo Muisca
Cabido Maior do Pobo Muisca | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 2002 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cabido Maior do Pobo Muisca (en castelán: Cabildo Mayor del Pueblo Muisca) é unha organización do pobo indíxenas muisca. Foi estabelecido en setembro de 2002 en Bosa, Bogotá, Colombia. A organización, membro de Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC), ten como obxectivo defender os dereitos dos descendantes dos muiscas, o desenvolvemento de patrimonio cultural e histórico, e a protección e promoción da lingua indíxena, o muisca.
Historia
[editar | editar a fonte]Varios cabidos de pobos indíxenas foron fundados en Colombia en 1989. Nun foro celebrado en 1999, Los muiscas; un pueblo en reconstrucción, as comunidades muiscas artellaron un plan para crear unha organización para o seu pobo.[1] As comunidades indíxenas de Bosa,[2] e Suba en Bogotá, e as de Cota,[3] Chía e Sesquilé en Cundinamarca reuníronse entre o 20 e o 22 de setembro de 2002 en Bosa no Congreso Xeral do Pobo Muisca onde estabeleceron o Cabido Maior do Pobo Muisca, como membro do Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC).[4] Ademais, o Cabido Maior do Pobo Muisca deu o seu apoio ás comunidades indíxenas de Ubaté, Tocancipá, Soacha, Ráquira e Tenjo.[5]
En 2010, fundáronse dúas garderías para os nenos dos descendentes dos muiscas orixinais.[6]
Actividades
[editar | editar a fonte]O cabido é activo en cinco áreas: educación e cultura, saúde, relacións interétnicas, territorio e ambiente e lingüística.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en castelán) El Cabildo Muisca de Bosa y los desafíos históricos de la ciudad multicultural
- ↑ (en castelán) Comunicado del Cabildo Indígena Muisca de Bosa
- ↑ (en castelán) Pronunciamiento público del Pueblo Ancestral Muisca de Cota
- ↑ 4,0 4,1 (en castelán) Congreso General del Pueblo Muisca
- ↑ (en castelán) Tayrona, Emberá y Muisca
- ↑ (en castelán) Tribus indigenas desaparecidas después de la conquista europea