Lagoa de Guatavita
Tipo | lago ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Colombia ![]() | |||
División administrativa | Cundinamarca, Colombia ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 3.000 m ![]() | |||
Profundidade | 125 m ![]() | |||
Dimensións | 0,7 (![]() ![]() | |||
A lagoa de Guatavita atópase na cordilleira oriental de Colombia, no concello de Sesquilé, ó norte da cabeceira municipal de Guatavita a unha distancia de 75 km ó nordeste de Bogotá, provincia de Almeidas de Cundinamarca. A lagoa está a unha de altitude de 3.100 msnm e a unha temperatura de 5 a 11 °C. É unha depresión montañosa de forma perfectamente circular, con preto 700 m de diámetro, rodeada de bosques nativos. Na cordilleira Oriental os lagos paramunos de maior tamaño ocupan comunmente antigos circos glaciares, porén, crese que a depresión da lagoa de Guatavita formouse por un colapso por disolución de estratos salinos, o que concorda coas características xeolóxicas da rexión, onde hai grandes depósitos salinos como os de Zipaquirá, Nemocón e Tausa.[1]

A lenda
[editar | editar a fonte]A lagoa foi unha das máis sacras dos muiscas, xa que alí realizábase o ritual de investidura do novo zipa (Cacique). Segundo conta a lenda, este ía nunha balsa de xunqueiras ricamente adornada; tiña o corpo cuberto integramente con ouro en po; ós seus pés puñan unha gran chea de ouro e esmeraldas para que ofrecese ós deuses e braseiros acesos para queimar unha especie moque; o novo dignatario ía acompañado por catro caciques e cando a balsa chegaba ao centro da lagoa, o pobo que se atopaba nas beiras lanzaba obxectos de ouro e pedras preciosas á auga.
Esta é unha das orixes da lenda de El Dorado. A famosa balsa muisca que se exhibe no Museo do Ouro é evidencia de que este tipo de rituais celebrábanse nas lagoas da rexión.
Houbo varios intentos de drenar a lagoa para achar os seus tesouros ocultos, entre os cales os máis importantes foron o do capitán Lázaro Fonte, quen puido extraer varias pezas de ouro fino, e o de Antonio de Sepúlveda no século XVI, quen tamén logrou sacar esmeraldas e pezas de cerámica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Altiplanos de Colombia". IM Editores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagoa de Guatavita ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lagoa de GuatavitaArquivado 03 de decembro de 2017 en Wayback Machine. - Colparques (en castelán)