Bidens aurea
Bidens aurea | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
''Bidens aurea'' (Aiton) Sherff |
A Bidens aurea é unha especie de planta pertencente á familia Asteraceae. En Galicia está catalogada como especie invasora.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha herba perenne, rizomatosa, que alcanza un tamaño de 50 cm a 1 m de altura, cos talos verdosos ou café avermellados. Posúe follas opostas, de bordo aserrado. As flores, solitarias (capítulos), de 20 a 35 mm de diámetro, con flores liguladas brancas, coa rexión interna de tonalidade amarelada. Os seus froitos son aquenios, angulosos, con 2 a 4 ganchiños retortos no extremo.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Especie orixinaria de América Central, presente en climas tépedos e cálidos. Planta silvestre, formando matas densas en xardíns. Foi descrita como maleza en viñedos en Chile e a Arxentina.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Esta planta ten utilidade medicinal en Michoacán e Sonora para as enfermidades do peito, en xeral empréganse as ramas e follas, pero se hai dor, tómase a infusión de toda a planta. En padecimentos gastrointestinas, como inflamación do estómago, inxírese a infusión das follas, ou bébese a infusión da rama como auga de uso para que actúe como purgante. Repórtase útil nos tratamentos do mal de ouriños, hidropesía, diabetes, dor intestinal e en casos de mala dixestión.
- Química
Na raíz de B. aurea identificáronse o alquenino trideca-1-trans-11-diene-3-5-9-tetrayne e 3 derivados deste composto e o liganano 1 -(2-acetoxi-2-metil-propionil-oxi)-isobutirato de eugenol. Na parte aérea indícase a presenza de alquinos, un derivado do tetradecadieno, e seis derivados do tridecadieno.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Bidens aurea foi descrita por (Aiton) Sherff e publicada en Botanical Gazette 59(4): 313. 1915.[3][4]
- Citoloxía
Número de cromosomas de Bidens aureus (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos: 2n=6X=72[5]
- Etimoloxía
Bidens: nome xenérico derivado de dúas palabras latinas "bis" (= dúas veces) e " dens " (= dente)[6] e refírese ás cerdas dos aquenios dalgunhas especies deste xénero que están formados só por dous dentes afiados. Os primeiros estudosos da natureza do Renacemento, incluído Pietro Andrea Mattioli (1501 - 1578), humanista e médico, así como botánico, incluíran as especies deste xénero no grupo de Eupatorium, pero foi o botánico francés Joseph Pitton de Tournefort (1656 - 1708 ) quen concedeu importancia ao carácter do aquenio e utilizou este nome por primeira vez (e polo tanto fundou a etimoloxía), que máis tarde Carl von Linné mantivo nos seus escritos a partir de 1737.[7]
aurea: epíteto latino que significa "dourado".[8]
- Sinónimos
- Bidens arguta Kunth
- Bidens arguta var. luxurians (Willd.) DC.
- Bidens aurea var. wrightii (A.Gray) Sherff
- Bidens decolorata Kunth
- Bidens heterophylla Ortega
- Bidens longifolia DC.
- Bidens luxurians Willd.
- Bidens tetragona (Cerv.) DC.
- Bidens warszewicziana Regel
- Bidens warszewicziana var. bipinnata Regel
- Coreopsis aurea Dryand. ex Aiton basónimo
- Coreopsis aurea var. incisa Torr. & A.Gray
- Coreopsis aurea var. leptophylla (Nutt.) Torr. & A.Gray
- Coreopsis aurea var. subintegra Torr. & A.Gray
- Coreopsis coronata Walter
- Coreopsis ferulifolia Jacq.
- Coreopsis lucida Cav.
- Coreopsis luxurians (Willd.) P. Pell.
- Coreopsis nitida Cav.
- Coreopsis nitida Hort.
- Coreopsis tetragona Cerv. ex La Llave & Lex.
- Coreopsis tetragona Cerv.
- Coreopsis trichosperma var. aurea (Dryand. ex Aiton) Nutt.
- Diodonta aurea (Dryand. ex Aiton) Nutt.
- Diodonta leptophylla Nutt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
- ↑ "En Medicina tradicional mexicana". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2013.
- ↑ "Bidens aurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de febreiro de 2013.
- ↑ Bidens aurea en PlantList
- ↑ Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. II. Compositae Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Bol. Soc. Brot. ser. 2 45: 5-121
- ↑ "Botanical names". Consultado o 19 de febreiro de 2011.
- ↑ Motta, op. cit., vol. 1 p. 299
- ↑ En Epítetos Botánicos