Bienvenido López
Bienvenido López Santos, centrocampista do Celta de Vigo, 4-11-1923 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1902 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 1974 (71/72 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Bienvenido López Santos, nado en Vigo en 1902 e finado ibídem en 1974, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xa militaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do cadro de xogadores. Pese a gran competencia nun cadro de máis de sesenta xogadores, sempre contou coa confianza tanto do primeiro adestrador da historia do club, Francis Cuggy, coma do seu sucesor, Andrés Balsa.
Pouco a pouco foi perdendo protagonismo coa chegada do escocés Mr. Cowan ao banco e finalmente deixa o equipo ao remate da tempada 1926/27, tendo gañado tres veces o Campionato galego. Emigrou entón a Cuba, onde foi capitán do Hispania da Habana,[1] co que disputou o Campionato Nacional cubano, e chegou a formar parte da selección cubana.[2] En Cuba tamén foi adestrador dun equipo feminino.
En 1928 regresou a España, onde disputou nas filas do Real Oviedo a primeira tempada da Segunda División.
Durante a Guerra Civil española foi levado "de paseo" nun camión tras ser detido por non facer o saúdo brazo en alto dos franquistas, pero salvouse da execución ao ser recoñecido como veterano do Celta.
Ao longo da súa vida traballou como mariño en barcos do seu pai, foi administrativo e, en sintonía coa súa ideoloxía progresista e galeguista, foi autor de poesía en galego (actividade considerada case como subversiva para a España de Franco).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter (29 de novembro de 1928). "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). p. 16. Consultado o 20 de decembro de 2021.
- ↑ "Selección Cubana que se enfrentará al equipo de Chile los días 11, 18 y 25". Diario de la Marina (en castelán). 4 de xaneiro de 1927. p. 18. Consultado o 20 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (9 de febreiro de 2013). "Bienvenido: Entre el equipo A y el equipo B". Fame Celeste (en castelán).