Máximo Costas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | valor descoñecido Galicia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Máximo Costas foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando en equipos menores da cidade de Vigo como o Alfonso XIII ou o Suevia xunto a outros futuros xogadores do Celta como Caride ou Reigosa.
Finalmente destacou militando nas filas do Rápido de Bouzas e pasou a ser reserva no Real Club Fortuna de Vigo disputando tamén algún encontro co Real Vigo Sporting Club, na xira que fixo este equipo polas Illas Canarias.
A partir de 1923 trala fusión do Vigo Sporting e o Fortuna pasou a formar parte do cadro de xogadores do Celta de Vigo, co que disputou gran cantidade de encontros amigábeis por todo o Estado español e Portugal, porén so dous encontros oficiais. O debut en partido oficial foi o 2 de decembro de 1923 ante o Racing de Ferrol no Campionato de Galicia de fútbol, ao atoparse o equipo titular de xira en Valencia segundo recolle a prensa da época.
Militou no Celta ata 1926 cando decide emigrar á Habana, xa comprometido para xogar no equipo do Centro Galego.
Despois de regresar da emigración aínda lle daría tempo a xogar no Club Ciosvín de Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Berto V. T. (13 de outubro de 2010). "Máximo Costas". Yo jugué en el Celta (en castelán).