Manuel Córdoba
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1898 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | valor descoñecido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | - 1924 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Manuel Córdoba Piñón, nado en Vigo en 1898, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Córdoba xa xogaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en agosto de 1923 para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do cadro de xogadores deste. O equipo céltico era tan extenso, 64 xogadores, que se tiveron que facer dous equipos que puidesen facer viaxes polo Estado alternativamente, Córdoba sería o capitán do equipo B xunto a Juanito Clemente.
Este sistema de dous equipos funcionou durante os numerosos amigábeis que disputou o Celta de cara a seleccionar os xogadores que formarían parte do equipo que xogaría competicións oficiais, labor que cumpriu o técnico inglés Francis Cuggy. Finalmente Córdoba non entraría no equipo titular a causa da gran competencia con Queralt, Hermida, Máximo Costas ou Jacobo Torres.
Finalmente retirouse ao rematar a tempada 1923/24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (2 de marzo de 2013). "Córdoba: uno de los primeros capitanes". Fame Celeste (en castelán).