Saltar ao contido

Bill Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBill Evans

(1961) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) William John Evans Editar o valor en Wikidata
16 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata
Plainfield, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecirrose hepática Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoselawn Memorial Park and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSoutheastern Louisiana University (en) Traducir
Mannes College The New School for Music (en) Traducir
North Plainfield High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónPianista de jazz, director de orquestra, compositor, líder de banda Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1980 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoJazz, jazz modal, Cool jazz e Post-bop Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Fantasy
Concord Records
Riverside Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0262572 Facebook: BillEvansOfficial Twitter: EvansJazzPiano Instagram: billevansofficial Youtube: UCBHA7pLwHqxk3NCYGT-p1KA BNE: XX1087528 Bandcamp: billevans Spotify: 4jXfFzeP66Zy67HM2mvIIF iTunes: 117975 Last fm: Bill+Evans Musicbrainz: 8247a3f2-3a8e-4256-b322-6c57b03a4e36 Songkick: 3371551 Discogs: 252310 Allmusic: mn0000764702 WikiTree: Evans-27409 Find a Grave: 32618087 Deezer: 2060 Genius: Bill-evans Editar o valor en Wikidata

William John Evans, máis coñecido coma Bill Evans, nado o 16 de agosto de 1929 e finado o 15 de setembro de 1980, foi un dos pianistas de jazz máis famosos do século XX, converténdose nunha das principais influencias do piano de jazz de despois dos 50. O seu emprego da harmonía impresionista, a súa interpretación imaxinativa do repertorio tradicional de jazz e as súas liñas melódicas sincopadas e polirrítmicas influenciaron a toda unha xeración de pianistas, entre os que se inclúen: Herbie Hancock, Chick Corea e Keith Jarrett, e o seu traballo segue a inspirar a pianistas máis novos tales coma Fred Hersch, Esbjörn Svensson, Bill Charlap e Lyle Mays así coma a outros músicos tales coma o guitarrista John McLaughlin.

Nado en Plainfield, Nova Jersey, estudou música clásica na Southeastern Louisiana University e na Mannes School of Music, na cidade de Nova York, onde se especializou en composición e recibiu un diploma de artista. En 1955 trasladouse a Nova York onde traballoou co líder de banda e teórico George Russell. En 1958 Evans uniuse ao sexteto de Miles Davis, que en 1959, entón inmerso no jazz modal, gravou Kind of Blue, o álbum de jazz máis vendido da historia.[1]

A finais de 1959 Evans deixou a banda de Miles Davis e comezou a súa carreira como líder, formando un trío co baixista Scott LaFaro e o batería Paul Motian, un grupo considerado agora como un trío seminal de jazz moderno. En 1961 gravaron dous álbums durante unha actuación no club de jazz ,Village Vanguard de Nova York, Sunday at the Village Vanguard e Waltz for Debby. Porén, dez días despois desa actuación, LaFaro morreu nun accidente de coche. Tras meses sen presentacións públicas, Evans reapareceu cun novo trío, desta vez con Chuck Israels no baixo. En 1963 Evans gravou Conversations with Myself, un álbum en solitario producido con tecnoloxía de sobregravación (overdubbing). En 1966 coñeceu ao baixista Eddie Gómez, co cal traballaría os seguintes 11 anos. Durante a década de 1970 Evans colaborou co cantante Tony Bennett en dous álbums aclamados pola crítica: The Tony Bennett/Bill Evans Album (1975) e Together Again (1977).

Moitas das composicións de Evans, como "Waltz for Debby" e "Time Remembered", convertéreronse en standards, sendo tocadas e gravadas por moitos artistas. Evans recibiu 31 nomeacións aos Grammy e sete premios, e foi incluído no DownBeat Jazz Hall of Fame.[2]

  1. "The All-TIME 100 Albums". web.archive.org. 2006-11-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 2024-08-30. 
  2. "1981 Down Beat Critics Poll". Down Beat. 31 de agosto de 1983