Bilurico solitario
Bilurico solitario | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Helodromas solitarius |
O bilurico solitario[2] (Tringa solitaria) é unha pequena ave limícola de América, que en raras ocasións visita Europa. O nome do xénero Tringa é unha palabra neolatina creada por Aldrovandus en 1599 baseada no grego antigo trungas, un paxaro mencionado por Aristóteles. O nome específico solitaria vén do latín solus, "só".[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta especie mide de 18 a 23 cm e longo, ten unha envergadura alar de ata 50 cm e unha masa corporal de 31 a 65 g.[4][5] É un limícola repoludo cun dorso verde escuro, cabeza e peito cincentos e o resto da parte inferior branco. É moi recoñecible en voo, coas súas ás escuras por riba ou debaixo, e unha rabadilla e centro da cola escuros. Esta última característica distíngueo da especie lixeiramente máis grande e de ás máis anchas, pero polo demais moi similar, bilurico de ás negras (T. ochropus) de Europa e Asia, co cal está estreitamente emparentado.[6] Esta última especie ten unha rabadilla branca brillante. En voo, o bilurico solitario fai un asubío de tres notas cracterístico. Ambas as especies teñen ás marróns con poucas pintas claras, e un delicado pero contrastante padrón do pescozo e peito. Ademais, ambas as especies nidifican nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Reprodúcese en zonas boscosas de Alasca e Canadá. É unha ave migratoria, que inverna en América Central e do Sur, especialmente na cunca do río Amazonas, e no Caribe. Ás veces cruza o Atlántico como ave vagante moi rara que chega ao oeste de Europa no período de verán-outono.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Divídese en dúas subespecies:
- T. s. cinnamomea, (Brewster, 1890): reprodúcese en Alasca e o oeste do Canadá.
- T. s. solitaria, (Wilson, 1813): reprodúcese desde o leste da Columbia Británica ao Labrador.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Como o seu nome indica, non é unha especie gregaria, e normalmente vese soa durante a migración, aínda que ás veces se congrega en pequeno número en áreas de alimentación axeitadas. O bilurico solitario é unha ave que prefire claramente a auga doce e adoita atoparse en sitios, como as canles, demasiado restrinxidos para outros limícolas, que normalmente gustan dunha visión sen obstáculos ao seu redor.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Pon de 3 a 5 ovos en niños nas árbores abandonados por aves canoras como os túrdidos. As crías son animadas a botarse desde o niño ao chan pouco despois da eclosión.[7]
Alimentación
[editar | editar a fonte]O seu alimento son pequenos invertebrados: insectos (como larvas de mosquitos, pequenos quironómidos, saltóns, eirugas e escaravellos), pequenos crustáceos e moluscos (como carcois que extrae das súas cunchas),[8] ás veces ras pequenas (principalmente cágados),[9] que recolle camiñando pola lama que rodea a súa lagoa escollida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2018). "Tringa solitaria". IUCN Red List of Threatened Species. 2018: e.T22693239A130186218. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22693239A130186218.en. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 359, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Solitary sandpiper at All about birds
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Allan J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". The Condor 107 (3): 514. ISSN 0010-5422. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
- ↑ Federation of Alberta Naturalists. (1992) Glen P. Semenchuk (ed.). The Atlas of Breeding Birds of Alberta. Edmonton, AB:Federation of Alberta Naturalists.
- ↑ "Tringa solitaria (Solitary sandpiper)". Animal Diversity Web.
- ↑ "Tringa solitaria (Solitary sandpiper)". Animal Diversity Web.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilurico solitario |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico solitario |
- Solitary sandpiper - Tringa solitaria - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Solitary sandpiper species account - Cornell Lab of Ornithology
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Solitary sandpiper na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Solitary sandpiper en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa solitaria en IUCN Red List maps