Saltar ao contido

Black metal sinfónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Black metal sinfónico
Orixe musicalBlack metal, rock progresivo, Gothic metal
Orixe culturalAnos 1990 en Noruega e o Reino Unido
Instrumentos típicosGuitarra, baixo, batería, teclado, violín e outros instrumentos sinfónicos.

O black metal sinfónico é un subxénero musical do black metal que incorpora teclados e elementos sinfónicos.

Características

[editar | editar a fonte]

Ás veces chamado black metal melódico (aínda que puristas consideran a ambos xéneros como dous separados e diferenciables), o black metal sinfónico é un subxénero musical do máis tradicional black metal noruegués de finais dos oitenta e principios dos noventa ao cal engádense teclados, coros e sinfonías. O papel do teclado neste xénero maiormente non é o que pode ter no power metal por exemplo (onde os solos de teclado son comúns), pero pode levar liñas de "orquestacións" como elemento atmosférico, xeralmente con sons de coros etéreos ou violíns.

Cabe destacar que a diferenza do black metal, o black metal sinfónico ten unha maior complexidade musical, ocupando xeralmente unha escala menor harmónica, melodías complexas, pero xeralmente co clásico tremolo Picking do black metal. Un exemplo disto podería ser a mítica banda Emperor, en temas como "With Strength I Burn", onde non se mostran os clásicos riffs do black metal, senón melodías complexas, combinacións de acordes e solos feitos polos teclados e guitarra.

En xeral aquí estanse dando características do black metal melódico, onde a diferenza está no underground que pode chegar a ser. O black metal sinfónico talvez non é tan "ruidoso" e "cru" como o é o melódico, xa que este é máis suave e contén verdadeiras sinfonías nos seus temas (véxase disco Prometheus, de Emperor) a diferenza do melódico que só ten teclados formando diferentes atmosferas.

Probablemente sexa o grupo noruegués Emperor o inventor deste subxénero co seu disco, de 1994, In the Nightside Eclipse, que influenciou a outras bandas dese mesmo país e o resto de Escandinavia, aínda que foron os británicos Cradle of Filth e os noruegueses Dimmu Borgir os que axudaron realmente ao lanzamento do xénero.

A crecente popularidade de Cradle of Filth fixo que algúns seguidores do black metal rexeiten o grupo por considerar que perderon a esencia do black metal, índose polo lado popular e comercial. O grupo francés Anorexia Nervosa mantén un son sinfónico moi parecido ao de Emperor.